En viroloxía un satélite é un axente subviral infectivo composto por un ácido nucleico que depende para a súa replicación da coinfección dunha célula xunto cun virus axudante (helper virus) específico. Os dous virus deben infectar á vez para que o satélite funcione. O satélite pode ter a súa propia cápside proteica ou non ter ningunha.

Cando o satélite codifica a proteína da súa cápside recibe o nome de virus satélite, xa que ten os dous compoñentes dun virus normal (cápside e ácido nucleico). Atopouse un virus satélite do mimivirus, chamado Sputnik, que inhibe a replicación do seu mimivirus axudante, polo que a este satélite se lle chama virófago. Pero o uso do termo virófago é controvertido, porque algúns autores opinan que non hai diferenzas fundamentais entre os virófagos e os virus satélites clásicos.

Outros satélites carecen de cápside, polo que se denominan ácidos nucleicos satélites, e dentro deles hainos de ADN, ARN, monocatenarios, bicatenarios, grandes, pequenos, lineais ou circulares. Os ARN satélites monocatenarios circulares denomínanse virusoides.

As partículas virais satélites non deben confundirse co ADN satélite obtido por ultracentrifugación do ADN cromosómico.

A maioría dos satélites afectan a plantas. Hai algúns que afectan a animais, como o virus delta da hepatite (hepatite D) humanoHughes SA, Wedemeyer H, Harrison PM. Hepatitis delta virus. Lancet. 2011 Jul 2;378(9785):73-85. doi: 10.1016/S0140-6736(10)61931-9. Epub 2011 Apr 20. PMID 21511329. , que ten un xenoma de ARN monocatenario de sentido negativo con actividade de ribozima, e proteínas propias (antíxeno deltaRizzetto, M; Canese MG, Arico S, Criello O, Trepo C, Bonino F, Verme G (1997). "Immunofluorescence detection of new antigen-antibody system (delta/anti-delta) associated to hepatitis B virus in liver and in serum of HBsAg carriers". Gut 18 (12): 997–1003. doi:10.1136/gut.18.12.997. PMC 1411847. PMID 75123.) asociadas ao seu ARN (o que o diferencia dos virusoides, os cales non teñen proteínas). O seu virus axudante é o virus da hepatite B co cal debe coinfectar ou sobreinfectar. O xenoma do virus delta asociado co antíxeno delta ensámblase utilizando as proteínas de envoltura do virus da hepatite B, que pasan a formar parte da súa envoltura.Taylor JM. Replication of human hepatitis delta virus: recent developments. Trends Microbiol. 2003 Apr;11(4):185-90. PMID 12706997 Este virus delta xa foi secuenciado e estudada a estrutura do seu xenoma.Makino S, Chang MF, Shieh CK et al. (1987). "Molecular cloning and sequencing of a human hepatitis delta (delta) virus RNA". Nature 329 (6137): 343–6. doi:10.1038/329343a0. PMID 3627276.Wang, KS; Choo, QL, Weiner, AJ, Ou, JH, Najarian, RC, Thayer, RM, Mullenbach, GT, Denniston, KJ, Gerin, JL, Houghton, M (1986 Oct 9-15). "Structure, sequence and expression of the hepatitis delta (delta) viral genome". Nature 323 (6088): 508–14. doi:10.1038/323508a0. PMID 3762705.

Clasificación Virus satélites (teñen cápside propia) Virus satélites de ARN monocatenario Subgrupo 1: Virus satélite asociado coa parálise crónica das abellas Virus satélite da parálise das abellas crónica Subgrupo 2: Virus satélite da necrose do tabaco Virus satélite do mosaico de liña branca do millo Virus satélite do mosaico de Panicum Virus satélite do mosaico do tabaco Virus satélite da necrose do tabaco Ácidos nucleicos satélites (carecen de cápside) ADNs satélites monocatenarios Alfasatélites ADN satélite do virus da folla enroscada do tomate Betasatélites ARNs satélites bicatenarios Satélite do virus M de Saccharomyces cerevisiae Satélite do virus T1 de Trichomonas vaginalis ARNs satélites monocatenarios Subgrupo 1: ARNs satélites grandes ARN satélite grande do virus do mosaico de Arabis ARN satélite do virus do mosaico do bambú ARN satélite grande do virus das manchas amarelas da endivia ARN satélite do virus latente das vides búlgaras ARN satélite do virus das follas en abano das viñas ARN satélite do virus das manchas en anel latentes de Myrobalan ARN satélite do virus do anel negro do tomate ARN satélite do virus das manchas en anel da remolacha Subgrupo 2: ARNs satélites lineares pequenos ARN satélite do virus do mosaico do cogombro ARN satélite do virus das manchas en anel de Cymbidium ARN satélite do virus do mosaico da excrecencia de Pisum ARN satélite do virus da roseta do cacahuete ARN satélite pequeno do virus do mosaico de Pisum ARN satélite do virus da atrofia do cacahuete ARN satélite do virus da enruga do nabo ARN satélite do virus da atrofia tupida do tomate, B10 ARN satélite do virus da atrofia tupida do tomate, B1 Subgrupo 3: ARN satélites circulares ou "virusoides" ARN satélite pequeno do virus do mosaico de Arabis ARN satélite do virus RPV do ananismo amarelo dos cereais ARN satélite do virus das manchas amarelas da endivia ARN satélite do virus do veado transitorio da alfalfa ARN satélite do virus das manchas de Solanum nodiflorum ARN satélite do virus das manchas do trevo subterráneo ARN satélite do virus das manchas en anel do tabaco ARN satélite do virus das manchas do tabaco

Notas

Véxase tamén Outros artigos Virusoide Viroide Obelisco Prión Virus da hepatite D (é un virus satélite do virus da hepatite B) Clasificación dos virus Virófago Sputnik

Ligazóns externas ICTV Subcellular Life Forms

Categoría:Virus Categoría:Microbioloxía Categoría:Viroloxía Categoría:Axentes subvirais