José Antonio Trillo Torres, nado en Santiago de Compostela en 1936 e finado en Ourense o 11 de outubro de 2024, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito en 1958. Foi avogado e asesor xurídico de COREN e Caixa Galicia. Foi elixido deputado do Congreso por UCD pola provincia de Ourense na lexislatura constituínte (1977-1979). Volveu ser elixido deputado na I lexislatura (1979-1982). Pertenceu a Coalición Galega. Foi conselleiro político da Xunta Preautonómica de Xosé Quiroga Suárez.

Véxase tamén Outros artigos Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes