O Estadio Municipal de La Línea de la Concepción é un estadio de fútbol español da cidade andaluza de La Línea de la Concepción (Cádiz), e serve como localía á Real Balompédica Linense. Inaugurado o 15 de outubro de 1969, ten capacidade para 20.000 espectadores e desde 2009 é de céspede artificial.
Historia Foi construído en 1969 cun esmerado deseño que o dotou dunhas magnificas características técnicas. Co paso dos anos a deterioración das instalacións fíxoo incómodo e anticuado. Nunha remodelación parcial das súas instalacións, realizada no 2003, acondicionáronse os locais pertinentes para situar neles a sede da Real Balompédica Linense á vez que se construíu unha cafetería e un restaurante. A mediados de 2009 comezou a implantación dunha superficie de céspede artificial no feudo balono, polo cal, o equipo tivo que disputar o seu primeiro encontro como local no municipal de Los Barrios.
No estadio sitúase a sala de trofeos do club, chamada sala de Trofeo Francis Negrón, e as salas de prensa e oficinas.
O aforamento da instalación é aproximadamente de 4.500 espectadores en tribuna, 6.000 en preferencia, e 4.500 en cada fondo; en total aproximadamente uns 19.500 espectadores.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Real Balompédica Linense
La Línea de la Concepción Categoría:La Línea de la Concepción