Carlos Sueiro Pico, nado en Vigo en 1940 e finado na mesma cidade o 2 de xullo de 2009, foi un político galego.

Traxectoria Técnico de organización metalúrxica. Foi elixido deputado do Congreso por UCD pola provincia de Pontevedra na lexislatura constituínte (1977-1979). No goberno preautonómico presidido por Antonio Rosón en 1978 foi nomeado Conselleiro de Emigración. En 1979 foi nomeado Xefe dos Servizos da Secretaría de Emigración da Xunta de Galicia.

Vida persoal

Casou con María Cardoso García e foi pai de tres fillos. Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1940

Categoría:Finados en 2009