José María Pernas Martínez, é un industrial, avogado e político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid. Director Xerente de Construcciones Pernas S.A. e Conselleiro de varias sociedades. Foi presidente de Acción Católica de Tui-Vigo e presidente da Asemblea Local da Cruz Vermella. Foi fundador e membro da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios da Construción da Provincia de Pontevedra. Foi Tenente de Alcalde e candidato á alcaldía de Vigo. Foi conselleiro Xeral da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Foi elixido deputado do Congreso por UCD pola provincia de Pontevedra na I lexislatura (1979-1982).

Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Nados en ano descoñecido