miniatura|180px|dereita|Escudo de armas do Reino de Hawai. miniatura|220px|dereita|Estandarte persoal da princesa.
Victoria Kaʻiulani Kalaninuiahilapalapa Kawekiu i Lunalilo Cleghorn, nada en Honolulu o 16 de outubro de 1875 e finada en ʻĀinahau (Honolulu) o 6 de marzo de 1899, foi a herdeira ó trono do Reino de Hawai, do que ostentaba o título de princesa herdeira.
Traxectoria Kaʻiulani fíxose coñecida en todo o mundo pola súa intelixencia, beleza e determinación. Despois do derrocamento da monarquía hawaiana en 1893, visitou os Estados Unidos para axudar a restablecer o Reino. Aínda que era reticente a participar en política, fixo moitos discursos e aparicións públicas denunciando o derrocamento do seu goberno e a inxustiza cara ao seu pobo. Tamén fixo visitas a Washington, D.C. onde tentou convencer ó presidente Benjamin Harrison e despois a Grover Cleveland, pero a pesar dos seus esforzos non puido evitar a anexión final de Hawai polos Estados Unidos. A historia da súa vida acadou proporcións lendarias debido á súa morte prematura.
Árbore xenealóxica
Véxase tamén
Ligazóns externas Princess Ka'iulani, Rose of Two Worlds by Mindi Reid Ka'iulani - The Island Rose Kaiulani:The Hope of the People Princesa Ka‘iulani Princesa Victoria Ka'iulani Cleghorn (1875-1899) Victoria Ka'iulani Hana Hou Kaiulani Kaiulani O filme Princess Kaiulani (2009) na Internet Movie Database Hawaii's Story by Hawaii's Queen by Liliuokalani, Queen of Hawaii (1838-1917). Boston: Lee e Shepard, 1898.
Categoría:Dinastía Kalākaua Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1899 Categoría:Nados en Honolulu, Hawai