Sidney Magal, nome artístico de Sidney Magalhães, nado no Río de Xaneiro o 19 de xuño de 1953), é un cantante e actor brasileiro.

Biografía Nado nunha familia de artistas, comezou a cantar en programas infantís de televisión, comezando máis tarde a traballar pola noite en casas nocturnas. O sobrenome artístico xurdiu nun tour por Europa.

Apareceu a mediados dos anos 70 coma un cantante de cancións sensuais e románticas. O seu primeiro éxito foi un compacto coa suxerente música "Se te agarro com outro te mato". Incorporando elementos da música xitana, da música disco e da música latina. Nestes anos vólvese popular, tendo unha presenza constante en programas de televisión. O seu maior éxito é "Sandra Rosa Madalena, a Cigana", moi reproducida en programas como o de Silvio Santos e Chacrinha entre o final dos anos 70 e comezos dos anos 80. Un dos puntos álxidos da súa popularidade foi a comezos dos anos 90 coa efémera explosión da lambada, Sydney Magal volveuse unha das maiores iconas desa época, triunfando coa canción Me chama que eu vou, que foi incluso tema da telenovela Rainha da Sucata da Rede Globo. Tamén traballou no cine, participando na película "Amor Latino", facendo de si mesmo. Os seus shows atraen un público maiormente feminino, que ao final acosa o cantante, buscando levar algún recordo del. Nos anos 90 buscou cambiar un pouco a súa imaxe, gravando un CD de jazz e bossa nova, acompañado dunha orquestra. Porén recentemente regravou os seus vellos éxitos para o compilatorio, "Discoteca do Chacrinha".

Discografía

Álbums de estudio 1977: Sidney Magal 1978: Sidney Magal 1979: O amante 1980: O amor não tem hora para chegar 1981: Quero te fazer feliz 1982: Magal espetacular 1983: Vibrações 1984: Cara 1985: Me acende 1987: Mãos dadas 1990: Magal 1991: Só satisfação 1995: Sidney Magal & Big Band 1998: Aventureiro 2000: Baila Magal 2006: Sidney Magal ao vivo [CD/DVD]

Maiores éxitos 1977 - Se Te Agarro Com Outro Te Mato 1977 - Meu Sangue Ferve Por Você 1978 - Sandra Rosa Madalena 1978 - Amante Latino 1979 - Estou Te Acostumando Mal 1979 - Brasileiro No Meu Calor 1988 - Amália Rosa 1990 - Me Chama Que Eu Vou 1991 - Besame Mucho 1995 - Mulher 1995 - Céu Cor-De-Rosa 2005 - Tenho (Remix) 2006 - Meu Sangue Ferve Por Você (Remix) 2006 - Spot Light 2007 - Nada Além 2008 - Rasgatanga

Traballos no cine Happy Feet Two - dobraxe do personaxe Amoroso (2011) Happy Feet - dobraxe do personaxe Amoroso (2006) Um Lobisomem na Amazônia - Sacerdote Inca (2005) O Caminho das Nuvens - Panamá (2003) Amante Latino (1979) O Sexo das Bonecas (1974) Inspetor Faustão e o Mallandro - el mesmo (1991) Jean Charles (filme) - el mesmo (2009)

Traballos na televisión A História de Ana Raio e Zé Trovão - Ed Cigano (1990) O Campeão - Ismael (1996) Celebridade - El mesmo (2004) A Diarista ("O Spa") (2004) Da Cor do Pecado - Comandante Frazão (2004) Bang Bang - Zorroh (Cleiton) (2005) Toma Lá, Dá Cá ("Boa Noite, Seu Ladir") - Esteban (2007) Faça Sua História ("A Vingadora Capixaba") - Pasaxeiro (2008) Uma Escolinha muito Louca - Profesor (2008/2009)

Categoría:Bailaríns Categoría:Músicos do Brasil Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1953