miniatura|Edificio da Dieta do Xapón. O Xapón ten un sistema político democrático e pluripartidario. Todos os cidadáns adultos teñen o dereito ao voto e a concorreren nas eleccións nacionais e locais. Hai seis grandes partidos políticos. O máis forte deles, o Partido Liberal Demócrata, mantivo a hexemonía e estivo no poder case todos os anos desde 1955.
O Xapón ten un réxime monárquico. Consonte coa constitución xaponesa, o emperador é o símbolo do Estado e da unidade do pobo. El non posúe poderes relacionados ao Goberno.
A monarquía xaponesa é a máis antiga monarquía ininterrompida do mundo. O actual emperador, Naruhito, subiu ao trono en 2019 tras a abdicación do seu pai Akihito, que estivo no trono desde 1989. El e a súa esposa, a emperatriz Masako, teñen unha filla. O emperador e demais membros da familia imperial viven no Palacio Imperial de Tokyo.
Partidos políticos O sistema multipartidario xaponés está dominado polo Partido Liberal Democrático (PLD), de orientación conservadora, que gobernou case de maneira continua desde 1955, salvo curtos períodos entre 1993 e 1994 e entre 2009 e 2012. A principal forza da oposición é o Partido Democrático Constitucional do Xapón, de centro-esquerda, fundado en 2017.
Tamén teñen representación relevante o Kōmeitō, aliado habitual do PLD e vinculado ao movemento budista Sōka Gakkai; o Partido Democrático polo Pobo, de centro moderado; o Partido da Innovación Xaponesa, de tendencia liberal reformista e con base rexional en Osaka; e o Partido Comunista Xaponés, de orientación marxista.
Poderes miniatura|Selo do Goberno do Xapón
Poder executivo Hai un parlamento electo polo pobo, a Dieta, que elixe o primeiro-ministro. O primeiro-ministro é o gobernante de feito e é membro da Dieta. O primeiro-ministro nomea o Gabinete. Cada ministro (membro do Gabinete) dirixe un dos ministerios do Goberno.
Após a derrota do Xapón na segunda guerra mundial, un dos obxectivos das tropas aliadas de ocupación foi asentar as bases dun goberno democrático. O paso decisivo foi a constitución de 1946, que privou o emperador do poder absoluto. O executivo ficou a cargo dun gabinete, presidido polo primeiro-ministro, escollido pola Dieta (parlamento) entre os seus membros. O primeiro-ministro, a quen cabe escoller o seu gabinete, é o líder do partido maioritario ou dun dos partidos coligados.
Poder lexislativo O Poder Lexislativo é exercido pola Dieta, que se compón de dúas cámaras: a Cámara dos Representantes (Shūgiin), cuxos membros son electos cada catro anos por sufraxio universal, e a Cámara dos Conselleiros, electos cada seis anos por sufraxio universal, renovándose a metade del cada tres anos.
Poder xudicial É un poder independente. Componse da Corte Suprema e dunha rede de tribunais de xerarquía gradativa.
Defensa
A capacidade militar xaponesa está limitada polo Artigo 9 da Constitución do país, que prohibe explicitamente a creación de calquera forza armada de carácter naval, aéreo ou terrestre. Nos primeiros anos da posguerra, os Estados Unidos eran os encargados da defensa do Xapón. En 1950, porén, estalou a Guerra de Corea, sendo destinadas gran parte das forzas militares estadounidenses estacionadas no arquipélago a loitaren nese conflito; isto deixou ao Xapón sen defensas suficientes en caso de ataque.
Así, creouse un órgano militar xaponés. Para evitar friccións co Artigo 9 da Constitución xaponesa, este órgano foi denominado Reserva Nacional de Policía; en 1952 foi establecida unha Axencia de Seguridade Nacional. En 1954, esta Axencia converteuse na Axencia de Defensa, e a Reserva Nacional de Policía cambiou o seu nome polo de Forzas de Autodefensa, compostas por unha Forza de Autodefensa Aérea, unha Forza de Autodefensa Terrestre e unha Forza de Autodefensa Marítima; as Forzas de Autodefensa están reguladas pola Lei de Forzas de Autodefensa de 1954 e colaboran coas forzas estadounidenses estacionadas no Xapón para defende-lo Estado, en virtude dun pacto bilateral entre os dous países.
A comezos do ano 2007, a Axencia de Defensa converteuse no Ministerio de Defensa, accedendo así este órgano gobernamental ó status e ós poderes propios dun Ministerio convencional.
As Forzas de Autodefensa reciben esta denominación para evitar friccións constitucionais; no entanto, diversas forzas políticas e parte da sociedade xaponesa opinan que son anticonstitucionais. A pesar disto, o Partido Liberal Democrático (de ideais conservadores e a principal forza política do país) considéraas constitucionais e claman pola modificación do Artigo 9 da Constitución para así poder denominalas oficialmente como unhas forzas armadas e dotalas das capacidades e funcións propias dunhas forzas armadas calquera.
Dereitos humanos O Xapón é parte de numerosos tratados internacionais de dereitos humanos, incluíndo o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, a Convención sobre os Dereitos do Neno, a Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller e outros acordos multilaterais.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pobo xaponés Lingua xaponesa Historia do Xapón
Categoría:Política do Xapón