Luis Alberto Lamas Novo, nado en Lugo o 3 de xullo de 1971, é un avogado e político galego do PPdeG.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña (1994) e máster en Prevención de Riscos Laborais pola Universidade Politécnica de Cataluña (2004). Foi Presidente de Novas Xeracións na provincia de Lugo (1992-2002), concelleiro no Concello de Lugo (1995-2003) e Vicesecretario Provincial do PP en Lugo (2003-2006). Foi profesor da Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Lugo dende 1998 e asesor xurídico da Mutua Galega en Lugo e Castela León (2002). O 18 de maio de 2009 foi nomeado presidente de Sogama e desempeñou ademais a subdirección do centro.

Dimitiu do cargo de presidente de Sogama en 2015 despois de que se fixese pública a adxudicación dun contrato público ao bufete de avogados do que era socio.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info Biografía Entrevista en La Voz de Galicia Entrevista en Faro de Vigo

Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes