250px|dereita|miniatura|As capitais de cada estado e territorio (no caso do ACT, a propia cidade de Canberra) están sinaladas no mapa en vermello. O número indica a localización dalgúns estados e territorios.
Australia está dividida en seis estados, tres territorios continentais e outros territorios insulares. Os estados son Nova Gales do Sur (NSW), Queensland (QLD), Australia Meridional (SA), Tasmania (TAS), Victoria (VIC) e Australia Occidental (WA). Os tres territorios continentais son o Territorio do Norte (NT), o Territorio da Capital Australiana (ACT) e Jervis Bay (JBT) (que se considera parte do ATC). Na maior parte dos seus asuntos, os territorios funcionan de xeito similar aos estados; con todo o Parlamento da Mancomunidade ten o poder de anular calquera lexislación dos parlamentos dos primeiros. En contraste, a lexislación federal só pode anular lexislacións dos estados relativas a certas áreas segundo establécese na Sección 51 da Constitución Australiana; todos os poderes lexislativos residuais son manexados polos parlamentos dos estados, incluíndo hospitais, educación, policía, poder xudicial, estradas, transporte público e goberno local.
Cada estado e territorio ten a súa propia lexislatura (unicameral no caso do Territorio do Norte, o Territorio da Capital Australiana e Queensland, e bicameral nos restantes estados). A cámara baixa é coñecida como Asemblea Lexislativa (Cámara da Asemblea en Australia Meridional e Tasmania) e a cámara alta é chamada Consello Lexislativo. O xefe de Goberno de cada estado e territorio é denominado premier ou chief minister respectivamente. A Raíña é representada nos estados por un gobernador, no Territorio do Norte por un administrador, e no Territorio da Capital Australiana polo Gobernador Xeral.
Australia ten tamén varios territorios menores. O Goberno federal administra unha área separada dentro de Nova Gales do Sur, o Jervis Bay, como base naval e porto marítimo para a capital nacional. Australia posúe ademais os seguintes territorios externos habitados: Illa Norfolk, Illa de Nadal e Illas Cocos (Keeling); e os territorios externos deshabitados de Illas Ashmore e Cartier, Illas do Mar do Coral, Illas Heard e McDonald e Territorio Antártico Australiano; en canto a dúas supostas illas, a Dougherty e a Emerald, estas fai anos que se consideran unha ficción e, polo tanto, se categorizan como illas pantasma.
O código ISO que comeza por AU- é o ISO 3166-2:AU; algúns territorios teñen o seu propio código ISO 3166-1.
Subdivisións da Australia Estados Número BandeiraEscudoEstadoCapitalÁreaPoboación (2012)275px50px Nova Gales do Sur (NSW) Sydney809.444 km² 7.272.800375px50px Victoria (VIC) Melbourne237.629 km²5.603.1004 75px50px Queensland (QLD) Brisbane1.852.642 km²4.537.700 5 75px 50pxAustralia Meridional (SA) Adelaida1.043.514 km²1.650.600 6 75px50px Australia Occidental (WA) Perth2.645.615 km²2.410.600 7 75px50px Tasmania (TAS)Hobart68.401 km²502.600
Territorios internos Número BandeiraEscudoTerritorioCapitalÁreaPoboación (2012)1 50px Territorio da Capital Australiana (ACT) Canberra2.358 km² 373.1001 Territorio da Baía Jervis Sussex Inlet67 km² 611875px75px Territorio do Norte (NT)Darwin1.420.970 km²233.300
Territorios externos 400px|miniatura|dereita|Territorios Externos Australianos BandeiraTerritorioCapitalÁreaPoboación75px Illa Norfolk (NF) Kingston 34,6 km² 2.128 (2008)75px Illa Christmas (CRX)Flying Fish Cove 135 km²1.493 (2006) Illas Cocos (Keeling) (CC)West Island 14 km² 628 (2005)75px|Bandeira de Australia Illas Ashmore e Cartier - 199.45 km² (2007)75px|Bandeira de Australia Illas do Mar do Coral - 5 km² -75px|Bandeira de Australia Illa Heard e Illas McDonald - 372 km² -75px|Bandeira de Australia Illas de Lord Howe (CRX) - 56 km² 350 (2006)75px|Bandeira de Australia Territorio Antártico Australiano(**) - 5.896.500 km² - (**)O Territorio Antártico Australiano non está efectivamente administrado por Australia é unha reclamación suspendida de acordo ao artigo 4 do Tratado Antártico, O Tratado conxela as aspiracións territoriais dos signatarios, impide a negación ou afirmación de dereitos de soberanía dos asinantes, e prohibe a realización de novas reclamacións
Antigos estados
20px Australia Central (CA) (Alice Springs)
Categoría:Subdivisións de Australia !