Pedro de Silva Cienfuegos-Jovellanos, nado en Xixón o 18 de agosto de 1945, é un político socialista español. Foi presidente do Principado de Asturias entre 1983 e 1991.
Na súa xuventude, estudou no Colexio da Inmaculada de Xixón (promoción de 1962), da Compañía de Xesús. Coa chegada da democracia a España en 1975 funda o partido Democracia Socialista Asturiana (DSA), que máis tarde se integraría no PSP para acabar formando parte do PSOE en 1978. Nas xerais de 1982 foi cabeza de lista para o Congreso dos Deputados por Asturias, resultando elixido deputado e renunciando ao escano, meses despois, para encabezar a candidatura do PSOE á Xunta Xeral do Principado de Asturias nas eleccións autonómicas de maio de 1983.
O PSOE resultou vencedor nos comicios e Pedro de Silva foi investido Presidente do Principado de Asturias, cargo que revalidaría tras as eleccións de 1987. Non repetiu candidatura nas de 1991 e retirouse da política activa.
Tras a súa retirada da política, centrouse na política e na creación literaria, con habituais colaboracións en diversas publicacións periódicas e revistas.
Obras Ensaios El regionalismo asturiano Asturias, realidad y proyecto El druida del bosque Miseria de la novedad Las fuerzas del cambio
Novela Proyecto Venus letal Kurt (XX Premio La Sonrisa Vertical) Dona y Deva Una semana muy negra El tranvía La mosca, una historia de amor El rector
Poesía La ciudad La Luna es un instrumento de trabajo Los gestos de la tarde Las horas grises: tres miradas
Categoría:Presidentes do Principado de Asturias Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1945 Categoría:Políticos do PSOE