A Selección de fútbol de Suecia (en sueco: Sveriges herrlandslag i fotboll), dependente da Asociación Sueca de Fútbol (Svenska Fotbollförbundet), é o equipo que representa en competicións internacionais de fútbol a Suecia.
Historia No pasado, chegou a estar entre os protagonistas do fútbol, coa medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1948, e o subcampionato fronte a Brasil no Mundial de 1958 disputado en Suecia. Outro feito salientable de Suecia foi o terceiro posto no Mundial de 1994 celebrado nos Estados Unidos, coa xeración comandada por Tomas Brolin, Martin Dahlin, Thomas Ravelli e Kennet Andersson. Na Eurocopa, a súa mellor posición foi o 3º posto en 1992, cando foi sede do campionato.
En 2006, o técnico Lars Lagerbäck mostraba confianza en que o seu equipo puidese retornar aos primeiros postos no Mundial de Fútbol Alemaña 2006. Suecia fixo unha gran eliminatoria, quedando segundo de grupo cos mesmos puntos que a líder Croacia. O equipo mudou un pouco unha característica histórica de ter sempre equipo moi forte e ben estruturados na defensa, mostrando desta vez algúns puntos vulnerables atrás, mentres que a súa fortaleza residía no ataque co talento e experiencia da tripla Fredrik Ljungberg - Zlatan Ibrahimović - Christian Wilhelmsson. En 2006, chegou ata os oitavos de final (rematando no 14º posto da clasificación xeral), eliminada por Alemaña. Na Eurocopa de 2008, foi eliminada xa na primeira fase.
Xogadores Xogadores con máis participacións Os xogadores en letra grosa aínda están en activo con Suecia. #XogadorAnosXogosGoles11999–20131482121981–1997143032002–2016133042001–20161311652008–118862000–2012117872001–2016116621986–2000116191963–19781150101993–20081097
Máximos anotadores Os xogadores en letra grosa aínda están en activo con Suecia. #XogadorAnosGolesXogosMedia12001–20166211621923–1932494331942–1948433341993–20093710651940–1958325761990–2000318371999–2008307481991–1997296091990–199527471957–19672751
Adestradores Presidentes do Comité de selección
1908 Ludvig Kornerup 1909–1911 Wilhelm Friberg 1912 John Ohlson 1912–1913 Ruben Gelbord 1914–1915 Hugo Levin 1916 Frey Svenson 1917–1920 Anton Johanson
1921–1936 John Pettersson 1937 Carl Linde 1938–1942 Gustaf Carlson 1942 Comité de selección 1943–1956 Rudolf Kock 1957–1961 Eric Persson
Adestradores
1962–1965 Lennart Nyman 1966–1970 Orvar Bergmark 1971–1979 Georg Ericson 1980–1985 Lars Arnesson 1986–1990 Olle Nordin 1990 Nisse Andersson
1991–1997 Tommy Svensson 1998–1999 Tommy Söderberg 2000–2004 Tommy Söderberg e Lars Lagerbäck 2004–2009 Lars Lagerbäck 2009–2016 Erik Hamrén 2016–presente Janne Andersson
Notas
Categoría:Fútbol en Suecia