Antonio Riestra del Moral, nado en Pontevedra o 26 de outubro de 1909 e finado en Madrid o 29 de outubro de 1984, foi un avogado, militar e político galego.
Traxectoria Estudante de dereito na Universidade de Oviedo, en xaneiro de 1932 conseguiu o título de profesor mercantil da Escola de Comercio. Rematou a carreira de dereito en febreiro de 1933 e en xuño rematou a carreira de Intendente Mercantil. Secretario provincial de Falange da Coruña. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse como voluntario ao exército sublevado, sendo destinado a Asturias e ferido gravemente o 10 de agosto. Alférez Provisional de Infantería dende 1937, rematou a guerra como Alférez da Lexión. Foi asesor xurídico do Banco de España.
Sucedeu ao seu pai Raimundo Riestra Calderón, que fora deputado por Redondela, no marquesado de Riestra. Procurador en Cortes por ser Consejero Nacional nato como Delegado Nacional do Servizo Exterior, durante a I Lexislatura (1943-1946). Repetiu cargo como Consejero Nacional designado polo Xefe do Estado, o ditador Francisco Franco, durante a II Lexislatura (1946-1949). Secretario en funcións do Instituto de Estudios Políticos e Delegado Nacional do Servizo Exterior de Falange Española. Durante a segunda guerra mundial como Delegado Nacional do Servizo Exterior fixo chegar ao reitorado da Universidade de Santo Tomás en Manila un texto do SEU felicitándoo pola entrada de tropas americanas "liberando a ese pueblo del dominio de una potencia asiática".La extensión falangista en las Filipinas durante la guerra: La prensa española clamaba contra el hostigamiento japonés hacia españoles e incluso se vislumbró la posibilidad de una declaración de guerra al Japón.
A súa tarefa á fronte do Instituto de Estudios Políticos supuxo o abandono de posicións fascistas totalitarias, defendidas por Pedro Laín Entralgo para avanzar hacia posiciones nacionalistas españolas en las que sólo hay cabida para los pensadores hispanos antimaquiavélicos del Siglo de Oro, y de la tradición nacional corporativa, comezando a dar relevancia a autores máis próximos ao monarquismo autoritario na liña de Eugenio Vegas Latapié.
Membro do V Consello Nacional de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, creado por Decreto de 9 de maio de 1952.(BOE nº 131, de 10 de maio de 1952, p. 2118)
En xuño de 1964 forma parte do X Consello Nacional de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, como conselleiro de libre designación polo Xefe do Estado, o ditador Francisco Franco.ABC (Madrid) - 19/06/1964, p. 53 - ABC.es Hemeroteca Finou en Madrid o 29 de outubro de 1984.Necrolóxica en ABC Recompensas Gran Cruz de la Orden Imperial del Yugo y las Flechas.Decreto 1935/1974, BOE de 18 de xullo de 1974. Vida persoal
Casou con Mercedes Pita Arechabala. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Xenealoxía Marqueses de Riestra
Categoría:Falanxistas
Categoría:Nados en Pontevedra
Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Marqueses de Galicia Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes