O Gran Premio de Mónaco de 1990 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 27 de maio de 1990 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de .

A carreira foi gañada polo piloto brasileiro Ayrton Senna que liderou todas as voltas da carreira pilotando un McLaren MP4/5B. Foi a terceira vitoria de Senna no Gran Premio de Mónaco. O único piloto en completar a distancia completa da carreira xunto a Senna foi o seu compañeiro de equipo o austríaco Gerhard Berger.

Informe Cualificación

Non houbo ningunha sorpresa en Mónaco Ayrton Senna logrou a pole por diante do seu rival Alain Prost. Jean Alesi seguiu impresionando co seu Tyrrell, cualificando terceiro diante de Riccardo Patrese. A terceira fila formárona Gerhard Berger e Thierry Boutsen, Nigel Mansell foi sétimo e saíu xunto co Minardi de Pierluigi Martini, mentres que Emanuele Pirro e Nelson Piquet completaron os dez primeiros. O novo piloto australiano David Brabham cualificou 25 podendo participar nunha carreira por primeira vez na súa andaina na Fórmula 1.

Carreira

Na saída houbo unha demora demasiado longa entre o vermello e o verde, o que causou aos pilotos sairán un pouco máis en tensión que de costume o que deu lugar a un accidente entre Prost e Berger na curva de Mirabeau. A pista quedou bloqueada e a carreira tivo que ser detida. Na segunda saída todo ía segundo o plan e Senna lideraba a Prost, Alesi, Berger, Patrese e Boutsen, Pirro foi o primeiro en abandonar cando o seu motor explotou na primeira volta. O oitavo clasificado, Nigel Mansell foi pronto o centro da acción rapidamente pasou ao Minardi de Martini e partiu na busca de Boutsen, pero o seu intento de adiantamento sobre o belga tivo menos éxito, na chicane do peirao tocaba o Williams de Boutsen e tivo que volver ranqueando aos boxes para cambiar o alerón dianteiro. Na parte dianteira Senna lideraba con comodidade, máis aínda logo da volta 30 na que Prost retirouse con problemas de batería. Houbo máis acción na volta 35, cando Piquet fixo un trompo en Loews, apagouselle o motor e foi descualificado cando recibiu un empuxón para arrincar por parte dos comisarios. Mentres Senna mantiña a súa vantaxe, a acción estaba máis atrás, Mansell volveu unha vez máis a carga. Primeiro pasou a Derek Warwick e logo pasou con éxito a Boutsen, cuarto, mentres que Alesi e Berger pelexábanse polo segundo lugar. Por desgraza para Mansell todo o seu traballo foi en balde xa que falloulle tamén a batería. Nas voltas finais a vantaxe de Senna comezou a diminuír, o que permitiu acercarse a Alesi / Berger, pero o McLaren de Senna aguantou ata o final para gañar a súa terceira carreira en Mónaco. Alesi foi segundo, seguido por Berger, Boutsen, Alex Caffi, e o restante sobrevivente Eric Bernard, que lograra o sexto lugar nas últimas voltas, gañando o primeiro punto no campionato do mundo na súa carreira na F1.

Clasificación

Pre cualificación

Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 29 Éric Bernard Lola-Lamborghini 1:27.134 — 2 30 Aguri Suzuki Lola-Lamborghini 1:27.548 +0.414 3 14 Olivier Grouillard Osella-Ford 1:27.938 +0.804 4 33 Roberto Moreno Euro Brun-Judd 1:28.295 +1.161 5 17 Gabriele Tarquini AGS-Ford 1:28.677 +1.543 6 18 Yannick Dalmas AGS-Ford 1:30.511 +3.377 7 34 Claudio Langes Euro Brun-Judd 1:33.195 +6.061 8 31 Bertrand Gachot Coloni-Subaru 1:39.295 +12.161 9 39 Bruno Giacomelli Life 1:41.187 +14.053

Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 27 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:21.797 1:21.314 — 2 1 Alain Prost Ferrari 1:23.449 1:21.776 +0.462 3 4 Jean Alesi Tyrrell-Ford 1:23.372 1:21.801 +0.487 4 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 1:24.179 1:22.026 +0.712 5 28 Gerhard Berger McLaren-Honda 1:23.001 1:22.682 +1.368 6 5 Thierry Boutsen Williams-Renault 1:23.936 1:22.691 +1.377 7 2 Nigel Mansell Ferrari 1:24.433 1:22.733 +1.419 8 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:24.012 1:23.149 +1.835 9 21 Emanuele Pirro Dallara-Ford 1:24.766 1:23.494 +2.180 10 20 Nelson Piquet Benetton-Ford 1:25.273 1:23.566 +2.252 11 12 Martin Donnelly Lotus-Lamborghini 1:24.724 1:23.600 +2.286 12 22 Andrea de Cesaris Dallara-Ford 1:25.849 1:23.613 +2.299 13 11 Derek Warwick Lotus-Lamborghini 1:24.070 1:23.656 +2.342 14 8 Stefano Modena Brabham-Judd 1:25.485 1:23.920 +2.606 15 30 Aguri Suzuki Lola-Lamborghini 1:27.193 1:24.023 +2.709 16 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:25.926 1:24.139 +2.825 17 25 Nicola Larini Ligier-Ford 1:24.206 1:24.270 +2.892 18 26 Philippe Alliot Ligier-Ford 1:25.387 1:24.294 +2.980 19 24 Paolo Barilla Minardi-Ford 1:26.352 1:24.334 +3.020 20 35 Gregor Foitek Onyx-Ford 1:26.183 1:24.367 +3.053 21 3 Satoru Nakajima Tyrrell-Ford 1:25.679 1:24.371 +3.057 22 10 Alex Caffi Arrows-Ford 1:26.520 1:25.000 +3.686 23 16 Ivan Capelli Leyton House-Judd 1:26.969 1:25.020 +3.706 24 29 Éric Bernard Lola-Lamborghini 1:25.398 1:25.541 +4.084 25 7 David Brabham Brabham-Judd 1:28.339 1:25.420 +4.106 26 36 Jyrki Järvilehto Onyx-Ford 1:27.923 1:25.508 +4.194 27 9 Michele Alboreto Arrows-Ford 1:27.282 1:25.622 +4.308 28 14 Olivier Grouillard Osella-Ford 1:25.785 1:26.781 +4.471 29 15 Maurício Gugelmin Leyton House-Judd 1:26.943 1:26.192 +4.878 30 33 Roberto Moreno Euro Brun-Judd 1:26.604 1:27.265 +5.290

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 27 Ayrton Senna McLaren-Honda 78 1:52:46.982 1 9 2 4 Jean Alesi Tyrrell-Ford 78 +1.087 3 6 3 28 Gerhard Berger McLaren-Honda 78 +2.073 5 4 4 5 Thierry Boutsen Williams-Renault 77 +1 volta 6 3 5 10 Alex Caffi Arrows-Ford 76 +2 voltas 22 2 6 29 Éric Bernard Lola-Lamborghini 76 +2 voltas 24 1 7 35 Gregor Foitek Onyx-Ford 72 Colisión 20 Ret 11 Derek Warwick Lotus-Lamborghini 66 Trompo 13 Ret 2 Nigel Mansell Ferrari 63 Batería 7 Ret 24 Paolo Barilla Minardi-Ford 52 Caixa cambios 19 Ret 36 Jyrki Järvilehto Onyx-Ford 52 Caixa cambios 26 Ret 26 Philippe Alliot Ligier-Ford 47 Caixa cambios 18 Ret 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 41 Distribuidor 4 Ret 22 Andrea de Cesaris Dallara-Ford 38 Motor 12 Ret 3 Satoru Nakajima Tyrrell-Ford 36 Trompo 21 Ret 1 Alain Prost Ferrari 30 Batería 2 Ret 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 20 Caixa cambios 16 Ret 7 David Brabham Brabham-Judd 16 Transmisión 25 Ret 16 Ivan Capelli Leyton House-Judd 13 Freos 23 Ret 25 Nicola Larini Ligier-Ford 12 Diferencial 17 Ret 30 Aguri Suzuki Lola-Lamborghini 11 Fallo pilotaxe 15 Ret 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 7 Eléctrico 8 Ret 12 Martin Donnelly Lotus-Lamborghini 6 Caixa cambios 11 Ret 8 Stefano Modena Brabham-Judd 3 Transmisión 14 Ret 21 Emanuele Pirro Dallara-Ford 0 Motor 9 DSC 20 Nelson Piquet Benetton-Ford 34 Arrincada ilegal 10 NSC 9 Michele Alboreto Arrows-Ford NSC 14 Olivier Grouillard Osella-Ford NSC 15 Maurício Gugelmin Leyton House-Judd NSC 33 Roberto Moreno Euro Brun-Judd NSCP 17 Gabriele Tarquini AGS-Ford NSCP 18 Yannick Dalmas AGS-Ford NSCP 34 Claudio Langes Euro Brun-Judd NSCP 31 Bertrand Gachot Coloni-Subaru NSCP 39 Bruno Giacomelli Life

Líder por volta Líder por volta: Ayrton Senna 78 voltas (1–78)

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Ayrton Senna 22 2 Gerhard Berger 16 3 Jean Alesi 13 4 Alain Prost 12 5 Riccardo Patrese 9

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Honda38 2 Williams-Renault18 3 Ferrari15 4 Tyrrell-Ford14 5 Benetton-Ford10

Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Mónaco Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1