Alan Elizbarovich Dzagoev (en ruso Алан Елизбарович Дзагоев), nado o 17 de xuño de 1990 en Truskolasy, é un futbolista ruso. Xoga de mediapunta e o seu club actual é o CSKA Moscova.

Traxectoria Dende xaneiro de 2006 ata decembro de 2007, Dzagoev xogou para o FC Akademiya Tolyatti da segunda división rusa. Fixo o seu debut coma profesional o 29 de abril de 2006. Xogou 37 partidos co equipo, nos que anotou un total de 6 goles.

Antes do comezo da tempada 2008, Dzagoev fichou polo CSKA Moscova.

Palmarés Club CSKA Moscova Liga Premier de Rusia (3): 2012/13, 2013/14, 2015/16. Copa de Rusia (4): 2007/08, 2008/09, 2010/11, 2012/13. Supercopa de Rusia (3): 2009, 2013, 2018.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil na web do CSKA Moscova

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Osetia do Norte-Alania Categoría:Futbolistas de Rusia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do PFC CSKA Moscova Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Rusia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014