José Manuel Díaz Novoa, nado en Xixón o 1 de xaneiro de 1944 e finado na mesma cidade o 5 de xullo de 2026, foi un futbolísta e adestrador de fútbol.
Traxectoria
Formouse nas categorías inferiores do Sporting de Xixón, sendo cedido ao Siero antes de debutar co primeiro equipo en Segunda División, xogaría na disciplina asturiana durante cinco tempadas ata que na 1967-68 pasa ao Celta de Vigo dentro da operación polo traspaso do extremo Lavandera ao Sporting de Xixón.
En Vigo colaboraría na boa campaña do Celta que o devolveu á Primeira División, a primeira tempada do Celta na máxima categoría, a 1969-70, sería a última de Novoa en Vigo.
Novoa retirouse definitivamente do fútbol no Avilés aos 27 anos a causa dunha lesión.
Dous anos despois e co título de adestrador nacional comezou a adestrar nas categorías inferiores do Sporting, pasando ao primeiro equipo primeiro na tempada 1979-80 e despois na 1981-82, entre 1984 e 1988, na 1995-96 e na tempada 1997-98. É o adestrador que máis veces dirixiu ao Sporting, un total de 371 encontros.
No ano 1988 ficha polo Celta de Vigo, co que completou moi boa campaña estando a punto de clasificarse para a Copa da UEFA. Tras a venda de xogadores importantes o ano seguinte non é tan bo para o equipo céltico polo que Novoa foi destituído o 15 de decembro de 1989 pese ao que o Celta descende a Segunda División Vida persoal
Casou con María Luisa Prendes Amado, e foron pais de María, Silvia e Miguel Díaz Prendes.
Equipos AnoClub1973-1979Deportivo Xixón1979-1980Sporting de Xixón1982Sporting de Xixón1984-1988Sporting de Xixón1988-1990Celta de Vigo1990-1992Real Burgos1992-1993RCD Espanyol1996Sporting de Xixón1996-1997Málaga CF1997-1999Sporting de Xixón2000-2002Selección asturiana de fútbol Notas
Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Nados en Xixón