Pedro Rodolfo Dellacha, nado en Lanús (Buenos Aires) o 9 de xullo de 1926 e finado en Vicente López (Buenos Aires) o 31 de xullo de 2010, foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino que xogaba de defensa. Defendeu a Selección de fútbol da Arxentina en 35 ocasións.

Traxectoria Como futbolista Formouse nas categorías inferiores de Boca Juniors, pasando despois a Quilmes e Racing de Avellaneda. Retirándose do fútbol en México no Necaxa no ano 1965

Como adestrador No mesmo ano da súa retirada deu o paso aos bancos. E neles tivo unha extensa carreira conseguindo títulos de Liga en catro países diferentes, a Arxentina, o Uruguai, Colombia e o Perú e conduciu a Independiente a dous campionatos de Copa Libertadores (1972 e 1975) e a Copa Intercontinental ante o Ajax en 1972.

Na tempada 1972-73 dirixe ao Celta de Vigo, onde un equipo con moi poucos reforzos non fixo bo ano tendo que dimitir Dellacha antes de finalizar a tempada. Foi substituído por Aretio á fronte do club, quen o salvou do descenso.

Dellacaha completou unha extensa carreira como técnico, que terminou en México no ano 1993.

Notas

Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Quilmes Atlético Club Categoría:Xogadores do Racing Club de Avellaneda Categoría:Xogadores do Club Necaxa Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1958 Categoría:Adestradores de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do Alianza Lima Categoría:Adestradores do CA Huracán Categoría:Adestradores do CA Independiente Categoría:Adestradores do CF Monterrey Categoría:Adestradores do CD Los Millonarios Categoría:Adestradores do Club Nacional de Football Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do Ferro Carril Oeste Categoría:Adestradores do CA Lanús Categoría:Adestradores do Racing Club de Avellaneda Categoría:Adestradores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires