A Nintendo 3DS é unha videoconsola portátil que foi producida pola multinacional xaponesa Nintendo dende 2011 até 2020. O seu principal atractivo é a capacidade de mostrar gráficos en 3D sen a necesidade do uso de lentes ou calquera accesorio adicionais, grazas á autoestereoscopia.

A Nintendo 3DS presenta compatibilidade co software da Nintendo DS, incluíndo software da Nintendo DSi. A compañía presentou oficialmente o aparello no ano 2010 no Electronic Entertainment Expo de 2010, levando videoconsolas de proba para os asistentes ao evento. A Nintendo 3DS é a sucesora da serie portátil Nintendo DS e as súas principais competidoras son a PlayStation Portable e a PlayStation Vita, ambas de Sony.

A Nintendo 3DS foi lanzada no Xapón o 26 de febreiro de 2011; en Europa o 25 de marzo; en América do Norte o 27 de marzo; en Australia o 31 de marzo e en Corea do Sur o 28 de abril de 2011. O 28 de xullo dese mesmo ano Nintendo anunciou unha caída importante dos prezos a partir do 12 de agosto. Ademais, os consumidores que mercaran o sistema polo seu prezo de saída tiveron acceso a dez xogos do Nintendo Entertainment System desde o 1 de setembro de 2011 e dez xogos da Game Boy Advance desde o 16 de decembro de 2011, na Nintendo eShop.

A versión Nintendo 3DS XL é a "gran formato" da Nintendo 3DS. O seu lanzamento foi anunciado na Nintendo Directo o 22 de xuño de 2012. Este modelo foi lanzado en 28 de xullo de 2012 no Xapón e Europa, e o 19 de agosto de 2012 nos Estados Unidos.

Software

Activity Log AR Games Download Play Face Raiders Internet Browser Mii Maker Nintendo 3DS Camera Nintendo 3DS Sound Nintendo eShop Streetpass Mii Plaza

Xogos

Asphalt 3D LEGO Star Wars III: The Clone Wars Mario Kart 7 Nintendogs + Cats: French Bulldog Nintendogs + Cats: Golden Retriever Nintendogs + Cats: Toy Poodle PES 2011 3D Pilotwings Resort Pokémon Rumble Blast Rayman 3D Ridge Racer 3D Samurai Warriors: Chronicles Super Mario 3D Land Super Monkey Ball 3D Super Street Fighter IV: 3D Edition The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D The Sims 3 Tom Clancy's Ghost Recon: Shadow Wars Tom Clancy's Splinter Cell 3D

Véxase tamén Outros artigos Nintendo Switch

Categoría:Consolas de Nintendo