Victor Moscoso, nado en Oleiros o 28 de xullo de 1936, é un artista estadounidense, recoñecido pola súa produción psicodélica e cómics underground nos anos 60 e 70 en San Francisco.

Traxectoria De orixe galega, estudou primeiro na Cooper Union de Nova York, logo na Universidade Yale e despois no Instituto de Arte de San Francisco, onde tamén foi mestre.

Moscoso foi o primeiro artista con formación académica e experiencia que se expresou con pósters rock, sendo tamén dos primeiros que usou fotos nas súas obras. Viuse influenciado por pintores como Josef Albers, un dos seus mestres en Yale.

As súas pezas son incluídas tanto en obras de músicos de sona internacional como en animacións para a televisión polas cales recibiu numerosos premios, ao igual que o seu traballo en cómics underground.

Reside en San Francisco.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Guía de pósters rock and roll Blog especializado

Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Nados en 1936 Categoría:Alumnos da Cooper Union Categoría:Alumnos da Universidade Yale