Snow Patrol é unha banda de rock alternativo procedente de Bangor, Irlanda do Norte e formada no ano 1994 na Universidade de Dundee, en Escocia. Os seus tres primeiros discos, o EP Starfighter Pilot (1997), e os álbum de estudio Polarbears (1998) e When It's All Over We Still Have to Clear Up (2001), foron un éxito comercial, sendo editados polos selos independentes Electric Honey e Jeepster. Posteriormente o grupo asinou un contrato con Polydor Records en 2002.

Snow Patrol acadou a fama en todo o país coa súa estrea con Polydor, Final Straw, publicado en 2003. O álbum foi certificado cinco veces platino no Reino Unido e chegou a vender máis de 3 millóns de copias en todo o mundo. Seu seguinte álbum de estudio, Eyes Open (2006), e o seu sinxelo "Chasing Cars", fixeron que a banda se fixese famosa a nivel internacional. Este traballo acadou o primeiro posto da lista británica de álbums e foi o disco máis vendido nese país ese ano, chegando as unidades vendidas aos 6 millóns en todo o mundo. No ano 2008 o grupo lanzou o seu quinto álbum de estudio, A Hundred Million Suns, e en 2009 o seu primeiro recompilatorio, Up to Now. En 2011 publicaron o seu íltimo traballo ata a data, Fallen Empires.

Discografía Álbum Ano Selo Songs for Polarbears 1998 Jeepster Records, Never Records When It's All Over We Still Have to Clear Up 2001 Jeepster Records Final Straw 2003 Fiction Records, A&M Records Eyes Open 2006 Fiction, Polydor, A&M A Hundred Million Suns 2008 Fiction, Geffen Records Fallen Empires 2011 Fiction, Interscope, Island Wildness 2018 Polydor Records The Forest Is the Path 2024 Polydor Records

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da banda

Categoría:Grupos musicais de Escocia Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais de post-britpop Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 1994 Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello