Luis Miguel Afonso Fernandes, coñecido como Pizzi, nado en Braganza o 6 de outubro de 1989, é un futbolista portugués. Xoga de extremo e o seu actual equipo é o SL Benfica.
Traxectoria Alcumado Pizzi pola súa admiración cara a Juan Antonio Pizzi (antigo xogador do CD Tenerife e FC Barcelona), iniciouse no GD Bragança en 2007.
En 2008 foi contratado polo SC Braga, que o cedeu sucesivamente ao GD Ribeirão na tempada 2008–09, ao SC Covilhã no 2009, ao FC Paços de Ferreira na tempada 2010–11 e ao Atlético de Madrid na campaña 2011–12.
De cara a tempada 2012–13 renovouse a cesión co Atlético de Madrid, que o emprestou ao Deportivo da Coruña.
Palmarés Atlético de Madrid UEFA Europa League: 2011–12
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en ceroacero.es Datos do xogador en foradejogo.net
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados no distrito de Braganza Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do GD Bragança Categoría:Xogadores do SC Braga Categoría:Xogadores do GD Ribeirão Categoría:Xogadores do SC Covilhã Categoría:Xogadores do FC Paços de Ferreira Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal