O Atol das Rocas é un atol no océano Atlántico que pertence ao Brasil, facendo parte do estado do Río Grande do Norte, estando a 245 km da cidade de Natal, e a 146 km do arquipélago de Fernando de Noronha.
Historia e características Ten unha forma oval, con 3,7 km por 2,5 km, e unha superficie total de 7,5 km², dos cales apenas uns 360 000 m² son terra firme e o resto é a lagoa interior do atol. Foi descuberto en 1503. O océano próximo ao atol non é moi profundo, tornándose perigoso para a navegación.
As súas augas próximas son un santuario para diversas especies de aves, peixes, quenllass, tartarugas e cangrexos, e forman a primeira reserva biolóxica mariña creada no Brasil. En 2001 a UNESCO declarouno patrimonio da humanidade. O atol consiste principalmente de coral e algas vermellas. O anel de coral está case fechado e ten dúas canles naturais, unha de 200 m no norte e outra moito máis estreita no oeste.
Véxase tamén Ligazóns externas Sigep - Comissão Brasileira de Sítios Geológicos e Paleobiológicos. Descrición detallada, con mapas e fotografías UNESCO - Illas Atlánticas Brasileiras: Reservas de Fernando de Noronha e Atol das Rocas (en inglés)
Categoría:Estado do Río Grande do Norte Categoría:Illas do Brasil Categoría:Patrimonio da Humanidade no Brasil