O E é a quinta letra do alfabeto galego, e representa os fonemas /e/ (vogal anterior media pechada) e /ɛ/ (vogal anterior media aberta).
Historia Pénsase que a letra hê das linguas semíticas representaba inicialmente unha oración ou figura humana chamada (hillul festejar), probablemente baseada nun xeroglífico exipcio similar que era pronunciado e utilizado en forma distinta. En semítico, a letra representaba , e en palabras estranxeiras.
A letra fenicia hē, representaba máis ou menos o son /h/. Cando os gregos adoptaron o alfabeto fenicio, encontraron dificultades para pronunciar a primeira parte do carácter, e abandonárano conservando soamente o e, dándolle o nome de epsilon (ε). Co tempo simplificaron o seu deseño, virando os trazos horizontais para o lado dereito. Usouse co mesmo valor no alfabeto etrusco e no alfabeto latino.
O seu uso na lingua inglesa inclúe varios sons; así, como consecuencia do Great Vowel Shift representa (a partir de como en "me" ou "bee"), mentres que noutras palabras como "bed", a pronunciación é similar ao latín e outras linguas similares.
Xeroglífico exipcio (veneración) Proto-semítico H Fenicio H Grego Epsilon Etrusco E Romano EA28Ficheiro:Proto-semiticE-01.pngFicheiro:PhoenicianE-01.png64pxFicheiro:Alfabeto camuno-e.svgRoman E
Uso En galego úsase a letra e (/e/) como conxunción copulativa, proveniente do latín et. Amais, úsase a letra é (/ɛ/, con acento diacrítico) para a terceira persoa de singular do presente de indicativo do verbo ser.
É a letra máis frecuente na lingua galega, así como en castelánFletcher Pratt, Secret and Urgent: the Story of Codes and Ciphers. Blue Ribbon Books, 1939, pp. 254-255., checo, danés, neerlandés, inglés, francés, alemán,, húngaro latín,, noruegués e sueco..
Representacións alternativas No alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabra Eco. No código Morse é · . Na notación musical anglosaxoa representa a nota o acorde de mi.
Códigos En Unicode a letra e ten o código U+0065, e E é U+0045. O código ASCII para e é 101, e para E é 69. En sistema binario úsase 01000101 para e e 01100101 para E. O código EBCDIC para e é 133, e para E''' é 197.
Véxase tamén Entradas da enciclopedia que comezan por E
Outros artigos Ε: Epsilon Е: Ye (cirílico) Э: E (cirílico) e: Número e €: Euro ℮: Signo de estimación Números E: código que identifica os aditivos alimentarios autorizados na Unión Europea. Vitamina E
Notas
Categoría:Grafémica