O Club Deportivo Marino é un club de fútbol de España, da cidade de Los Cristianos, aínda que con sede na localidade próxima de Playa de las Américas, no municipio de Arona, ao sur da illa de Tenerife. Foi fundado en 1934 e actualmente xoga na Segunda División B Española.
Desde finais dos 80 ata inicios da década de 1990 denominouse Club Deportivo Marino Tenerife-Sur por temas de patrocinio e publicidade. Pola mesma razón na actualidade, e desde 2008, leva o nome de Club Deportivo Marino Playa de las Américas.O Marino é de Los Cristianos, aínda que algúns digan o contrario. El Día. 14/08/2008]
Historia O Club Deportivo Marino foi fundado por uns pescadores de Los Cristianos, un pequeno barrio de Arona naquela época. O equipo naceu en 1933 o que lle converte no máis antigo do sur da illa. Os seus primeiros partidos xogábaos nunha esplanada de terra preto da praia de Las Vistas.
250px|esquerda|miniatura|Once inicial do Marino antes do partido contra o CD Corralejo da terceira xornada da tempada 2011/12, que finalizou 2-2. Foi un dos fundadores da Preferente de Tenerife e da Terceira División Canaria. Ademais sería un dos primeiros equipos do arquipélago en chegar a Segunda División B, ao conseguir o ascenso na tempada 1987/88. Tras cinco campañas nesta categoría descendeu directamente a Preferente por problemas económicos na tempada 1992/93. Esa mesma campaña descendería á Primeira Interinsular, pozo do que conseguiría saír catro anos máis tarde. Na 2006/07 queda subcampión de Preferente, logrando retornar a Terceira División ao derrotar na promoción de ascenso á Unión Deportiva Balos do municipio de Santa Lucía de Tirajana. Na tempada 2009/10, ao acabar en cuarta posición, tivo a posibilidade de alcanzar novamente a categoría de bronce do fútbol español pero non puido superar a primeira rolda da fase de ascenso ao quedar eliminado polo CD La Muela, do dianteiro serbio Goran Drulić.
Na tempada 2011/12 conseguiu un histórico dobrete ao conseguir, por segunda vez na súa historia, a Copa Heliodoro Rodríguez López e o campionato de liga do grupo canario de Terceira División. Isto permitiulle disputar por segunda vez na súa historia o playoff de ascenso a Segunda División B. O sorteo emparellouno co CF Fuenlabrada, ao que conseguiu sorprender no Estadio Fernando Torres gañando por un gol a dous a pesar de xogar con dez varios minutos. Unha semana máis tarde no Antonio Domínguez volveu vencer por dous goles a un, ascendendo así a Segunda B.O Marino ascende ao grande. La Opinión de Tenerife. 28/05/2012{
Uniforme Uniforme titular: Camiseta azul mariño con liñas brancas nas mangas, pantalón branco e medias azul mariño. Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas. Terceiro uniforme: Camiseta azul celeste, pantalón negro e medias negras.
Estadio 250px|miniatura|Presentación para a tempada 2011/12 dos diferentes cadros do Marino no Estadio Antonio Domínguez Alfonso.
O Club Deportivo Marino xoga os seus partidos como local no Estadio Antonio Domínguez Alfonso, no núcleo de Playa de las Américas, que conta cunha capacidade duns 7.500 espectadores.
A entidade tamén conta cun estadio anexo para a súa cadea de filiais a uns 50 metros do Antonio Domínguez, onde xogan os seus partidos todos os seus equipos de fútbol base. Este campo, antes de terra, ten céspede artificial desde o ano 2001. A capacidade do Anexo Antonio Domínguez é duns 300 espectadores, aproximadamente.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 6 (Incluída a 2012/13) Tempadas en 3ª: 13
Historial na liga TempadaCategoríaPostoCopa do Rei1936-75Rexional4º1975/76Preferente4º1976/77Preferente10º1977/78Preferente6º1978/79Preferente7º1979/80Preferente2º 10px1980/813ª11º1981/823ª7º1982/833ª14º1983/843ª14º1984/853ª11º1985/863ª9º1986/873ª16º1987/883ª1º 10px1988/892ªB10º1989/902ªB10º1990/912ªB12º3ª Eliminatoria1991/922ªB12º1ª Eliminatoria1992/932ªB19º 10px1ª Eliminatoria1993/94Preferente17º 10px TempadaCategoríaPosto1994/951ª Rexional2º1995/961ª Rexional6º1996/971ª Rexional4º1997/981ª Rexional1º 10px1998/99Preferente4º1999/00Preferente8º2000/01Preferente7º2001/02Preferente10º2002/03Preferente11º2003/04Preferente13º2004/05Preferente11º2005/06Preferente4º2006/07Preferente2º 10px2007/083ª16º2008/093ª9º2009/103ª4º2010/113ª6º2011/123ª1º 10px2012/132ªB
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Marino Categoría:Arona