O Festival Internacional Outono de Teatro ou FIOT é un festival internacional de teatro que se celebra anualmente dende 1992 na localidade de Carballo (Galiza). O FIOT é organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte, coa colaboración do Concello de Carballo.

O FIOT naceu coa vontade de encher un oco na programación teatral da provincia da Coruña (onde non abundaban os festivais teatrais), e de levar a cabo unha proposta para impulsar a feble estrutura teatral da comarca de Bergantiños, que ata aquela carecía de programación teatral estable.

Recoñecemento Recibiu en 2018 o Premio Cultura Galega de Artes Escénicas

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do FIOT

Categoría:Cultura en Carballo Categoría:Festivais de teatro Categoría:Teatro en Galicia Categoría:Festivais en Galicia Categoría:Carballo sen imaxes