O ictus, tamén chamado ataque cerebrovascular (ACV), accidente cerebrovascular (ACV),Conceptos básicos en las enfermedades cerebrovasculares . Dr. Jose Mª Ramírez Moreno. Hospital Universitario Infanta Cristina. Badaxoz. (PPT).¿Qué es el ictus?, ¿Cuáles son sus causas? , Grupo de Estudio de Enfermedades Cerebrovasculares de la SEN. enfermidade cerebrovascular (ECV), infarto cerebral, derramo cerebral, sufusión cerebral ou, menos frecuentemente, apoplexía é unha patoloxía vascular do sistema nervioso central. Ocorre cando problemas na irrigación sanguínea do cerebro causan a morte das células, que fai que partes do cérebro deixen de funcionar debidamente, producindo un déficit neurolóxico focal, de presentación brusca, debido a unha alteración vascular. Existen dous tipos principais de ictus: obstrutivo ou isquémico, causado pola interrupción da irrigación sanguínea, e hemorráxico, causado por unha hemorraxia ou ruptura dun vaso sanguíneo. O 80% dos ictus son isquémicos, mentres que o 20% restante son hemorráxicos.

Entre os sinais e síntomas dun ictus están a incapacidade de mover ou de sentir un dos lados do corpo, dificultades en comprender ou en falar, vertixe ou perda dun dos lados da visión. Na maior parte dos casos, os sinais e síntomas maniféstanse inmediatamente despois do ictus. Cando a duración dos síntomas é inferior a unha ou dúas horas, o episodio denomínase accidente isquémico transitorio (AIT), ou mini-derramo. Unha hemorraxia subaracnoidea pode tamén estar asociada a dores de cabeza intensas. Os síntomas dun ictus poden ser permanentes. Entre as complicións a longo prazo están a pneumonía ou incontinencia urinaria. Moitos ictus non producen ningún tipo de sintomatoloxía, e fanse patentes nas probas de imaxe a posteriori, como pode ser un TAC ou unha radiografía; este tipo de ictus adoitan producirse máis naqueles cuxa causa é un émbolo cardíaco, a arteriosclerose, ou doenzas como a amiloidose ou a síndrome de Sneddon.

O principal factor de risco dun ictus é a hipertensión arterial. Entre outros factores de risco están o fumar, a obesidade, ter o colesterol elevado, padecer diabetes, ter tido anteriormente un accidente isquémico transitorio e a fibrilación auricular. Un ictus isquémico é xeralmente causado polo bloqueo dun vaso sanguíneo, aínda que existan outras causas menos comúns. Un ictus hemorráxico é causado por un derramo, por unha hemorraxia ben no cerebro ou no espazo entre as meninxes. Estas hemorraxias poden ocorrer debido á ruptura dun aneurisma cerebral. O diagnóstico faise mediante o exame médico da persoa, apoiado pola imaxe médica, coma un TAC ou unha resonancia magnética. Poden seren realizados outros exames, coma análise de sangue ou electrocardiograma, para determinar factores de risco e descartar outras posibles causas. A hipoglicemia pode provocar síntomas semellantes a un ictus.

A prevención consiste en diminuír os factores de risco, así como na posibilidade de ser administrada aspirina ou estatinas. En persoas con estenose da carótide pode ser considerada unha endarteriectomía para alargar as arterias do cerebro. En persoas con fibrilación auricular pode ser administrada varfarina. Un inctus ou un AIT necesitan xeralmente de asistencia médica urxente. Cando un ictus isquémico é detectado nas primeiras tres horas e media ou catro horas, é posible tratalo cun antitrombótico que disolve os coágulos sanguíneos e con aspirina. Nalgúns ictus hemorráxicos pode ser considerada neurocirurxía. Algunhas das funcións perdidas durante o ictus poden ser recuperadas con tratamentos de rehabilitación e recuperación. Porén, en moitas rexións do mundo estes tratamentos non están dispoñibles.

O ictus cerebral é, até o de agora, o proceso médico que máis estadías no hospital, invalidez e mortalidade causa. En 2013 cerca de 6,9 millóns de persoas sofreran un ictus isquémico e 3,4 millóns un ictus hemorráxico. En 2010, encontrábanse vivas cerca de 33 millóns de persoas que no pasado tiveran un ictus. Entre 1990 e 2010 o número de ictus ocorridos en cada ano diminuíu cerca do 10% nos países desenvolvidos e aumentou cerca do 10% nos países en vías de desenvolvemento. En 2013, os ictus foran a segunda principal causa de morte, despois da doenza arterial coronaria, tendo sido responsables de 6,4 millóns de mortes en todo o mundo, o que corresponde ao 12% do total de mortes. Cerca de 3,3 millóns de mortes foran causadas por ictus isquémicos e 3,2 millóns por ictus hemorráxicos. Cerca da metade das persoas que sofren un ictus viven menos dun ano. Dous terzos dos ictus ocorren en persoas con máis de 65 anos de idade.

Clasificación miniatura|220px|Accidente vascular cerebral causado por unha perda de rego sanguíneo asociada á arteria cerebral. O cadro clínico é variado e depende da área encefálica afectada.O cadro clínico é variado e depende da área encefálica afectada. Os ictus pódense clasificar en dúas categorías principais: isquémicos e hemorráxicos. Os ictus isquémicos son os causados pola interrupción da subministración do sangue, mentres que os ictus hemorráxicos son os que resultan da ruptura dun vaso sanguíneo ou unha estrutura vascular anormal. Ao redor do 87% dos ictus son causados pola isquemia, e o resto por hemorraxia. Algunhas hemorraxias desenvólvense dentro das zonas de isquemia ("transformación hemorráxica"). Non se sabe como moitas hemorraxias en realidade empezan como un accidente cerebrovascular isquémico. O cadro clínico é variado e depende da área encefálica afectada. Ictus isquémico miniatura|Ilustración dun ataque cerebrovascular (ACV) embólico que mostra o obstáculo atrancado nunha arteria. Un accidente cerebrovascular isquémico ou accidente cerebrovascular oclusivo, tamén chamado infarto cerebral, preséntase cando a estrutura perde a irrigación sanguínea debido á interrupción súbita e inmediata do fluxo sanguíneo, o que xera a aparición dunha zona infartada e é nese momento no cal ocorre o verdadeiro "infarto cerebral" e débese só á oclusión dalgunha das arterias que irrigan a masa encefálica, xa sexa por acumulación de fibrina ou de calcio ou por algunha anormalidade nos eritrocitos, pero xeralmente é por arteriosclerose ou ben por unha embolia (embolia cerebral) que procede doutra localización, fundamentalmente o corazón ou outras arterias (como a bifurcación das carótides ou do arco aórtico). A isquemia das células cerebrais pode producirse polos seguintes mecanismos e procesos:

De orixe vascular ou hemodinámico: Estenose das arterias (vasoconstrición) reactiva a multitude de procesos ("vasoespasmo cerebral"). Con frecuencia débese a unha diminución do gasto cardiaco ou da tensión arterial grave e mantida, producindo unha estenose e o seu consecuente baixo fluxo cerebral. De orixe intravascular: Trombótico ou aterotrómbico: Fórmase un coágulo nunha das arterias que irrigan o cerebro (trombo), provocando a isquemia. Este fenómeno vese favorecido pola presenza de placas de aterosclerose nas arterias cerebrais. Embólico: Consecuencia dun coágulo formado nunha vea doutra parte do corpo (embolia) e que, tras desprenderse total ou parcialmente, viaxa cara ao cerebro a través do torrente sanguíneo, ou ben outro material chegado ao torrente circulatorio por diferentes motivos: normalmente coágulo formado no corazón e tamén fracturas (embolismo graxo), tumores (embolismo metastásico), fármacos ou ata unha burbulla de aire. Ao chegar ás pequenas arterias cerebrais o émbolo queda encallado cando o seu tamaño supera o calibre das mesmas, dando lugar ao fenómeno isquémico. De orixe extravascular: Estenose por fenómenos compresivos sobre a parede vascular: Abscesos, quistes, tumores etc...

Ictus hemorráxico miniatura|Un sangrado intracerebral (frecha inferior) con edema circundante (frecha superior) Os ictus hemorráxicos débense á rotura dun vaso sanguíneo encefálico debido a un pico hipertensivo ou a un aneurisma conxénito. Poden clasificarse en: intraparenquimatosos e hemorraxia subaracnoide.

A hemorraxia conduce ao ictus por dous mecanismos. Por unha banda, priva de rego ao área cerebral dependente desa arteria, pero por outra banda o sangue extravasada exerce compresión sobre as estruturas cerebrais, incluídos outros vasos sanguíneos, o que aumenta a área afectada. Ulteriormente, debido ás diferenzas de presión osmótica, o hematoma producido atrae líquido plasmático co que aumenta novamente o efecto compresivo local. É por este mecanismo polo que a valoración da gravidade e o prognóstico médico dunha hemorraxia cerebral demórase 24 a 48 horas ata a total definición da área afectada. As causas máis frecuentes de hemorraxia cerebral son a hipertensión arterial e os aneurismas cerebrais

Cadro clínico

Os síntomas dun ictus son moi variados en función da área cerebral afectada. Desde síntomas puramente sensoriais aos puramente motores, pasando polos síntomas sensitivomotores. Os máis frecuentemente diagnosticados son os seguintes: Perda de forza nun brazo ou unha perna, ou parálise na cara (hemiparesia/hemiplexía). Dificultade para expresarse, entender o que se lle di ou linguaxe inintelixible (disartria). Dificultade ao camiñar, perda de equilibrio ou de coordinación. Mareos, dor de cabeza brusco, intenso e infrecuente, case sempre acompañado doutros síntomas. Perda da visión nun ou ambos os ollos. Ademais das manifestacións físicas, ata un 50% das persoas que sobreviven ao seu ataque cerebral sofren depresión durante os primeiros anos. Malia isto, na maioría dos casos se omite o diagnóstico, o que repercute negativamente no paciente.

No entanto, numerosos cadros de ictus de baixa intensidade e duración pasan inadvertidos polo anódino da sintomatoloxía: parestesias, debilidade dun grupo muscular pouco específico (a súa actividade é suplida por outros grupos musculares), episodios amnésicos breves, pequena desorientación etc. Son estes síntomas menores os máis frecuentes, tendo unha grande importancia, porque poñen sobreaviso da patoloxía subxacente dunha forma precoz. Primeiros auxilios miniatura|Vehículo de emerxencia de ictus do servizo de bombeiros de Berlín (STEMO). En realidade os primeiros auxilios que corresponden a un ictus, unha hemorraxia cerebral ou ataque cerebrovascular (ACV) deben ser levados a cabo o máis pronto posible por persoal médico cualificado mantendo mentres tanto ao afectado na maior calma e inmobilidade posible (sen esforzos nin violencias) ata a chegada do persoal médico (sen administrarlle ao afectado ningún fármaco non prescrito por autoridade médica).

As catro primeiras horas son cruciais para a atención de quen sofre un ictus e por ese motivo é necesaria a participación de médicos.

Para considerar a existencia dun ictus, por leve que este sexa -recordar que un ictus leve pode transformarse en grave- debe terse en conta o seguinte cadro sintomático, chamado en inglés FAST ('rápido' en inglés, xa que ante estes síntomas a atención médica debe ser urxente), que é a sigla de face arm speech test: test de cara (face), brazos (arms) e fala (speech). Face (cara): asimetría muscular involuntaria das faccións Arms (brazos): cando non pode mover voluntariamente un ou ambos brazos ou cando se sente unha especial parestesia nun ou en ambos os brazos ou un "formigueo" Speech (fala): custa falar, e a voz do afectado escóitase como a de alguén embriagado ou alcoholizado aínda que a persoa afectada non tomara ningunha bebida alcohólica.«Guía resumida para pacientes de ictus en atención primaria» , artigo en castelán no sitio web Madrid.org.

Rehabilitación