Caradoc ou Caradoc Freichfras («brazo forte») é unha figura semilendaria do século V ou VI na historia de Gales e un suposto devanceiro dos reis de Gwent. Tamén é mencionado nas lendas artúricas baixo o nome de Caradoc Briefbras («brazo curto») como un dos cabaleiros da Táboa Redonda.
Rebelouse contra Artur cando se tornou rei, pero logo apoiouno. Ás veces, é identificado como dous personaxes, Caradoc, o Vello (un rei) e Caradoc, o Mozo (un cabaleiro).miniatura|Símbolo de Caradoc Freichfras|esquerda
Na literatura medieval é nomeado nos libros Perceval ou le Conte du Graal e Mabinogion.
Véxase tamén
Outros artigos Cabaleiros da Táboa Redonda Rei Artur
Categoría:Materia de Bretaña Categoría:Mitoloxía celta Categoría:Cabaleiros da Táboa Redonda Categoría:Reis de Gales