O Estadio Antonio Domínguez Alfonso é un estadio multiúsos español da localidade de Playa de las Américas, no concello de Arona, ao sur da illa de Tenerife (Canarias).

Ten capacidade para 7.500 espectadores en bancada e de máis de 27.000 en concertos. É propiedade do Concello de Arona e nel disputa os seus encontros como local o Club Deportivo Marino da localidade veciña de Los Cristianos, que ademais ten as súas oficinas neste recinto. Tamén acolle competicións de atletismo.

Este recinto deportivo, que foi inaugurado o 7 de setembro de 1969 cun triangular entre o Atlético Granadilla, Atlético Alcalá e o Marino, leva este nome en honra a Antonio Domínguez Alfonso. Este era o propietario dos terreos e cedeullos ao Marino para que, neles, construísese o seu estadio. Conta cun campo anexo, inaugurado o 24 de novembro de 1998.Campos con nome propio.

Notas

Antonio Dominguez Alfonso Categoría:Arona