O Club Deportivo Tudelano é un club de fútbol de España, da cidade de Tudela, en Navarra. Foi fundado en 1935 e actualmente xoga na Segunda División B Española.

Historia En 1933, Tudela tiña varios equipos de fútbol de peñas como El Vegetariano, Tudela CF, Ancora Fordín, Arenas, Gazte-tasun ou Muskaria Club. Moitos deses equipos, en 1935, decidiron fusionarse e xorde así a sociedade coñecida como Club Deportivo Tudelano.

En 1955 xogou a liguiña de ascenso a Segunda División, tras acabar o equipo de Tudela campión do seu grupo, aínda que non ascendeu. Na tempada 1976-77 lograría o ascenso a Segunda División B tras unha restructuración de categorías, pero non logrou a permanencia.

Na tempada 1983-84 o Tudelano quedaría campión de Terceira xogando de novo a fase de ascenso, e foi o Marbella quen na promoción eliminou os navarros. Ese mesmo ano foi campión de Copa da Liga de España, derrotando ao Yeclano por 4-2.

En 1991 quedou campión do seu grupo, xogou a promoción de ascenso a Segunda División B e conseguiuno. Disputou a liguiña contra Escobedo, Elgoibar e Sabiñánigo, gañando aos dous primeiros. Militou na categoría do bronce español durante 5 tempadas consecutivas.

Nas tempadas 2009/10 e 2010/11 proclamouse campión de Terceira, pero non logrou o ascenso en ningunha das dúas ocasións.

Finalmente, na tempada 2011/12 o Tudelano logra o ascenso a Segunda División B despois de 16 anos de ausencia. O equipo acabou terceiro na liga e superou na promoción a Azuqueca, Villarrobledo e Catarroja.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro, medias brancas. Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro, medias negras.

Estadio

O campo do CD Tudelano é o Estadio Ciudad de Tudela, chamado José Antonio Elola ata 2012, que substituíu o Campo Municipal de Griseras. Ten capacidade para 11.000 espectadores.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 6 Tempadas en 3ª: 55

Xogadores destacados Mariano Azcona Chema Óscar Engonga Jesús Glaría Xabier Zubieta Oussama Souaidy

Palmarés Terceira División Española (5): 1954-55, 1983-84, 1990-91, 2009-10, 2010-11 Subcampión da Terceira División (1): 1989-90 Copa da Liga de Terceira División (1): 1984

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Tudelano Tudelano Categoría:Deporte en Tudela