A frieiresa é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, con 947 exemplares (2022) distribuídos en 22 ganderías. É unha raza típica da provincia de Ourense.
Morfoloxía e datos produtivos Agrupa animais de tamaño medio a grande, de perfil subcóncavo a cóncavo. O peso medio é de 600 kg para as femias e de 860 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 131 cm para as femias e de 141 cm para os machos. A cabeza é pequena e curta, con testa saínte e fronte e morro anchos. Os cornos son longos, orientados cara a adiante e cara a abaixo. Ten pescozo delgado, tronco longo e harmónico, dorso e lombo anchos, peito amplo, tórax profundo, costelares arqueados e ventre de gran capacidade. As extremidades son de lonxitude media, asentadas, ben verticais. Os ubres teñen bo tamaño, con tetos de implantación correcta. A súa capa é castaña lavada, con pelo longo e abundante na rexión frontal, formando unha guedella loira característica. Outra característica a destacar é o pelo longo da rexión frontal. Este trazo que dá orixe a un floco dourado de carácter dominante que aparece en todos os cruces. +MachosFemiasAlzada á cruz (cm)14113Peso adulto (kg)860600Peso ao nacemento (kg)3630Idade de madurez (meses)18Idade primeiro parto (meses)25 As vacas frieiresas presentan boas cualidades maternais, sobre todo para a produción leiteira e facilidade de parto. os pesos dos xatos ao nacemento son elevados (36 kg en machos e 30 kg en femias).
Grazas ao seu bo sistema mamario e a correcta implantación dos tetos, os xatos poden alcanzar ata 160 kg/canal á desteta, achegando uns rendementos cárnicos de arredor do 48-49%, uns bos resultados neste tipo de razas autóctonas en perigo de extinción.
A súa carne é magra e con baixos niveis de graxa. Cunha adecuada maduración, a súa textura é óptima en xugosidade e tenrura, ademais do seu excelente sabor. Debido ao seu modo de cría natural en extensivo, presenta unha gran proporción de ácidos graxos saudables (omega 3, omega 6 e CLA).miniatura|Boi frieirés.
Usos e sistemas de explotación Trátase dunha raza de tripla aptitude (traballo, leite, carne), aínda que agora mesmo a súa principal aptitude é a produción de carne. As femias adultas utilizaronse para a carretaxe e as labores agrícolas.
O seu sistema de produción é de tipo mixto, aproveitando pastos comunais de montes veciñais en man común durante os meses de xuño a novembro, ou ben pastoreo durante o día e estabulación na noite.
A rusticidade, a facilidade de manexo e a gran mansedume desta raza fana óptima para o réxime extensivo, pois ademais aproveita recursos materiais que outras razas máis selectas desbotarían. Antigamente, esas características facían que fora unha raza moi apreciada para os traballos agrícolas.
Evolución da poboación AnoFemiasMachosTotalGanderías2009536119655292010616156772322011689166855332012706139845342013634120754312014594796733020157008978928201673710484128201778611790328201875811186928201975013388326202079314894127202179213993123202278316494722202375415490826
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da raza frieiresa en PDF (Consellería de Medio Rural)
Categoría:Razas de vacas Categoría:Razas autóctonas de Galicia