Prisco (en ; en ), nado en Panium, Tracia, arredor de 410Chisholm (1911), Priscus , p. 361Kazhdan (1991), "Priskos", p. 1721 e finado despois de 472, foi un político, sofista e historiador bizantino do século V. É autor dunha Historia bizantina en sete libros que resulta especialmente interesante pola información sobre os hunos.

Traxectoria Acompañou a Maximino o embaixador de Teodosio II á corte de Atila en 448. Durante o reinado de Marciano (450-457) tamén formou parte de misións a Arabia e Exipto.

Prisco foi o autor dunha obra histórica en oito libros (Ιστορία Βιζαντικὴ καὶ κατὰ ̓Αττήλαι; coñecida como a Historia Bizantina), probabelmente desde a entronización de Atila á de Zenón (433-474). Só quedan fragmentos da súa obra, en gran parte preservados na Getica de Xordanes, pero a descrición de Atila e a súa corte e o informe da recepción dos embaixadores romanos é unha valiosa peza de historia contemporánea, os seus escritos son imparciais e obxectivos, cousa pouco usual. Consérvanse fragmentos extensos por apareceren citados por Constantino Porfiroxéneta e outros autores.

Na Suídas indícase que tamén escribiu Μελεταὶ ̔Ρητορικαί (Declamationes Rhetoricae e Epistolae), unha obra xa perdida.

Tanto Xordanes como Xuvenco aproveitaron moita información da obra de Prisco.

Os restos das súas obras, consérvanse en tres coleccións principais:

Ludwig Dindorf: Historici Graeci Minores (Leipzig, B.G. Teubner, 1870) (en grego) C.D. Gordon: The Age of Atila: Fifth-century Byzantium and the Barbarians (Ann Arbor, University of Michigan Press, 1960) (en inglés con comentario e notas). Blockley, R.C.: The Fragmentary Classicising Historians of the Later Roman Empire, vol. II (ISBN 0-905205-15-4) (inclúe fragmentos doutros historiadores, incluído Olimpiodoro de Tebas)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Malco (historiador)

Ligazóns externas

Prisco na corte de Atila, tradución de J.B. Bury

Categoría:Escritores en lingua grega Categoría:Historiadores bizantinos