O Club de Futbol La Pobla de Mafumet é un club de fútbol de España, da localidade de La Pobla de Mafumet, na provincia de Tarragona. Foi fundado en 1953 e actualmente xoga na Terceira División Española.
Historia O club foi fundado en 1953. Na tempada 2003/04, cando o club militaba en Primera Catalana, chegou a un acordo de colaboración para converterse en filial do Gimnàstic de Tarragona, aínda que conservando a súa independencia institucional. Tras este acordo, chegaron os maiores éxitos na historia do club. Na tempada 2006/07 logrou o ascenso a Terceira División, debutando así en categoría nacional.
Na tempada 2010/11 acabou en terceira posición, clasificándose por primeira vez na súa historia para disputar a promoción de ascenso a Segunda División B, pero foi descalificado por aliñación indebida no partido contra o Constància. Na tempada 2011/12 queda cuarto e volve disputar a promoción. Tras eliminar a Laredo e Ejea, cae eliminado polo Yeclano Deportivo nos penaltis.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 0 Tempadas en 3ª: 5 Tempadas en Primera Catalana: 6
Historial na liga TempadaCategoríaPostode 53-54Rexional—ata 06-07Rexional—2007/083ª8º2008/093ª9º2009/103ª13º2010/113ª3º2011/123ª4º2012/133ª
Xogadores destacados Etienne Eto'o Nuno Carvalho
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Pobla de Mafumet