Samadhi (sánskrito: ) nas escolas hinduísta, budista, xainita e Sikh, é un alto estado de concentración na meditación, ou dhyāna. Na tradición do ioga, é o oitavo e último estadio mencionado nos Yoga Sūtras de Patañjali.
Ten sido descrito coma un estado de conciencia adual no que a conciencia do suxeito que experimenta se funde coa do obxecto observadoDiener Michael S. ,Erhard Franz-Karl and Fischer-Schreiber Ingrid, The Shambhala Dictionary of Buddhism and Zen, ISBN 0-87773-520-4, e no que a mente torna acougada, centrada ou concentradaDictionary.com (liga directamente coa definición de samadhi do diccionario ), mentres a persoa permanece consciente.
En budismo tamén se pode referir a un estado no que a mente permanece en estado de calma mais non se funde co obxecto de atención, permitindo deste xeito a observación deste e así mellorar o grao de apercepción do fluxo cambiante da experienciaRichard Shankman, The Experience of Samadhi - an in depth Exploration of Buddhist Meditation, Shambala publications 2008.
Conceptos análogos
De acordo co libro "God Speaks" escrito por Meher Baba, os termos sufís fana-fillah e baqa-billah son análogos a nirvikalpa samadhi e sahajā samādhi respectivamente"God Speaks" por Meher Baba, Dodd Meade, 1955, 2nd ed. p.316.
Notas
Categoría:Hinduísmo Categoría:Budismo Categoría:Conceptos filosóficos