Sant Andreu de Llavaneres, coñecido tamén como Llavaneres, é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Maresme. Segundo datos do INE tiña 10.406 habitantes en 2011.

Está situado a 36 km ao norte de Barcelona, á beira da costa mediterránea onde conta co porto deportivo Port Balís. Está entre o mar situado ao leste e o Parque Natural do Montnegre e o Corredor ao oeste. A poboación ten boas comunicacións coa capital grazas á liña 1 de Rodalies de Barcelona, así como a autoestrada C-32 e a N-II.

Etimoloxía Unha lenda etimolóxica, carente de verosimilitude, supón que Llavaneres significa Serena Vall (Sereno val) lido ao revés. Na súa forma máis antiga o topónimo aparece coa forma labandarias.

Historia Os restos arqueolóxicos máis antigos que se atopan no termo son as rocas de Sant Magí, na serra de Montalt, as cales datan do neolítico.

thumb|left|250px|Igrexa e casa do Concello. Antigamente entre a riera de Llavaneres e o torrente de Les Bruixes estaba Can Sanç, unha vila rural que desde a romanización desprazouse desde zonas iberas. Alí cultivábanse viñas e oliveiras. A actividade económica, como en Mataró e outros municipios, era soamente agrícola e centraba o seu interese nos cultivos hortícolas.

Máis tarde, Sant Andreu de Llavaneres foi parte de Mataró e ao final, cara á metade do século XVI conseguiu a independencia. O que nun inicio era unha poboación dispersa foise desenvolvendo e fóronse formando barrios como o de Cal Sanç, onde a xente xuntábase aos poucos.

Máis adiante, Llavaneres resultou ser tamén un bo recuncho para moitos barceloneses que buscaban fuxir temporalmente do núcleo urbano. De aquí a gran cantidade de edificios modernistas da localidade.

Actualmente trátase dun gran foco residencial e turístico.

Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010 1.1291.5081.7582.5752.9187.16110.303

Lugares de interese Igrexa antiga de Sant Andreu Torre Gran Torre del Sot Ca l'Alfaro Cal Tomàs

Festividades Festa maior: fin de semana máis próximo ao 30 de novembro. Festa maior da Minerva: terceiro domingo de xullo. Festa do Pèsol (chícharo): fin de semana de abril. Mostra Gastronómica do Pèsol: mes de abril.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello Patrimonio históric e artístico de Sant Andreu de Llavaneres Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya

Categoría:Concellos da provincia de Barcelona