O San Fernando Club Deportivo Isleño é un club de fútbol de España, da cidade de San Fernando, na provincia de Cádiz. Foi fundado o 30 de xuño de 2009 como sucesor do histórico desaparecido CD San Fernando. Actualmente xoga na Segunda División B Española por primeira vez na súa historia.

Historia O San Fernando Club Deportivo foi fundado no ano 2009, tras a desaparición do Club Deportivo San Fernando pola súa mala situación económica. Ese mesmo ano comprou a praza do Sporting de San Fernando, de Primeira Andaluza.

Na súa primeira tempada (2009/10), o San Fernando logrou subir a Terceira. Na tempada 2010/11 consegue a segunda posición no grupo X de Terceira División clasificándonse para os play-off de ascenso a Segunda B dos que caeu na última eliminatoria fronte ao La Roda.

Na tempada 2011/12 repite na segunda posición e volve xogar os play-offs. Logo de superar a Mutilvera, Levante B e Laudio, o San Fernando logra o ascenso a Segunda División B.ABC El San Fernando logra el ascenso y jugara en Segunda B la próxima temporada

Uniforme Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis. Uniforme alternativo: Camiseta a franxas vermellas e brancas, pantalón negro e medias negras.

Estadio O San Fernando Club Deportivo xoga os seus partidos como local no Estadio Iberoamericano 2010, na Cidade Deportiva Bahía Sur, que ten capacidade para 12.000 espectadores. O ano pasado disputaba os seus partidos no Campo de Deportes Bazán, debido ás reformas no Estadio de Bahía Sur.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 1 Tempadas en 3ª: 2

Historial na liga TempadaCategoríaPosto2009/10Primeira Andaluza2º 10px2010/113ª 2º2011/123ª 2º 10px2012/132ªB-

Palmarés Torneos oficiais Subcampión de Terceira División (2): 2010-11, 2011-12 Subcampión de Primeira Andaluza (1): 2009-10

Torneos amigables Trofeo de la Vendimia de Chiclana (2): 2010, 2011 Trofeo Costa de la Luz (1): 2010 Trofeo Ciudad de El Puerto (1): 2011

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de fútbol de Andalucía Categoría:Equipos do grupo 2 da Primeira División RFEF Categoría:San Fernando