miniatura|dereita|O hidrozoo Aequorea, mostrando a súa bioluminescencia. miniatura|dereita|O antozoo Renilla reniformis.

A coelenterazina, ou celenteracina, (tamén chamada luciferina de Renilla) é unha molécula do tipo das luciferinas que emite luz, que se encontra en moitos organismos acuáticos de sete filos distintos. É o substrato de moitos encimas luciferases e fotoproteínas como a luciferase Rluc de Renilla reniformis, a luciferase Gluc de Gaussia, a aequorina, e a obelina.

Historia A coelenterazina foi illada e caractrerizada simultaneamente por dous grupos que estudaban os cnidarios bioluminescentes Renilla reniformis e Aequorea victoria, respectivamente. Ambos os grupos descubriron independentemente que se utilizaba o mesmo composto neses dous sistemas luminescentes. O nome da molécula procede de Coelenterata, o antigo nome dos Cnidaria. Contén un derivado do grupo químico nitroxenado pirazina. Igualmente, os dous principais metabolitos (coelenteramida e coelenteramina) foron nomeados polos grupos químicos que levan.

Distribución A coelenterazina está amplamente distribuída nos organismos mariños, como son: radiolarios ctenóforos cnidarios como Aequorea victoria, Obelia geniculata e Renilla reniformis luras como Watasenia scintillans e Vampyroteuthis infernalis camaróns como Systellaspis debilis e Oplophorus gracilirostris copépodos como Pleuromamma xiphias e Gaussia princeps quetognatos peixes como algúns Neoscopelidae e Myctophidae equinodermos como Amphiura filiformis

O composto foi tamén illado de organismos que non son luminescentes, como o arenque do Atlántico e varias especies de camaróns como Pandalus borealis e Pandalus platyuros.

Propiedades A coelenterazina pode ser cristalizada formando cristais amarelo-laranxas. A molécula absorbe luz no espectro ultravioleta e no visible, cun pico de absorción a 435 nm en metanol, que lle dá á molécula unha cor amarela. A molécula oxídase espontaneamente en condicións aeróbicas ou nalgúns solventes orgánicos como a dimetilformamida e o dimetilsulfóxido (DMSO), e é almacenada normalmente en metanol ou en gas inerte.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Luciferina Luciferina do vagalume Bioluminescencia Luciferase Proteína fluorescente verde

Ligazóns externas Bioluminescencia cos principais tipos de luciferina

Categoría:Compostos químicos Categoría:Bioluminescencia Categoría:Lactamas