Il Pigmalione (en galego Pigmalión) é unha ópera nun acto con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Antonio Simeone Sografi,Ashbrook, p. 597 note 30 baseado nas Metamorfose de Ovidio. A pesar de ser a primeira ópera composta por Donizetti en 1816, pénsase que non foi estreada ata o ano 1960, cando se interpretou no Teatro Donizetti da cidade de Bérgamo (Italia) durante o XVII Festival delle novità.

As primeiras liñas da ópera comezan coas seguintes palabras de Pigmalione:

Anche spirto né vita più darvi non poss'io dove sei genio mio che mai sei divenuto misero mio talento!

Historia Esta popular historia xa fóra adaptada para unha obra de teatro musical de Jean-Jacques Rousseau en Lión en 1770. Donizetti tomou o libreto de Sografi, que fora escrito inicialmente para unha ópera de Giovanni Batiste Cimador (Pimmaglione, Venecia, 1790) e empregado nunha ópera de Bonifacio Asioli (1796), que estaba, xunto coa obra de Rousseau, na Biblioteca do Liceo de Boloña.Ahbrook, p. 533 e www.italianopera.org

Trátase da primeira ópera do xove Donizetti, composta cando tiña 19 anos e estudaba composición en Boloña con Stanislao Mattei. A partitura autógrafa sinala como datas extremas de inicio e fin do traballo o 15 de setembro e o 1 de outubro de 1816:cité par Ashbrook, p. 13 é posible polo tanto que a ocasión fora a visita en setembro do primeiro mestre do xove, Johann Simon Mayr.hipótese formulada por Ashbrook, p. 283

A ópera non foi posta en escena mentres o compositor estaba vivo: a primeira representación tivo lugar o 13 de outubro de 1960 no XVII Festival delle novità no Teatro Donizetti da cidade natal do compositor, Bérgamo (Italia).Osborne, p. 139 Esta representación foi dirixida por Armando Gatto, con Doro Antonioli no papel de Pigmalione e a soprano Oriana Santunione no papel de Galatea.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 13 de outubro de 1960(Director: Armando Gatto)Pigmalión, o Rei de CretatenorDoro AntonioliGalateasopranoOriana Santunione

Argumento A historia transcorre en Chipre e está baseada na famosa historia do rei e escultor Pigmalión, orixinalmente tomada do décimo libro das As metamorfoses de Ovidio. Pigmalione, consternado por non poder atopar na vida real o ideal de beleza feminina, crea unha escultura de si mesmo. Logo de terse namorado da súa propia creación, Pigmalione entoa unha oración para animar a escultura (bautizada como Galatea), e é respostada por Venus.

Análise Il Pigmalione é un modesto traballo de estudante, dunha breve duración e con tan só dúas personaxes; non obstante a soprano non intervén no final da ópera, o que provoca que "a trama careza de tensión dramática".Ashbrook, p. 283

Os dous papeis, escritos en tesituras limitadas, están discrétamente ornamentados. A partitura está pensada para pequena orquestra. Un feito único respecto das obras de Donizetti é que a partición non se divide en números, o que fai pensar que se trataba dun traballo de estudante, non destinado a ser representado.

Orquestración A partitura de Donizetti está pensada para unha pequena orquestra formada por:

1 frautas, 1 óboe, 2 clarinetes, 2 fagots 2 trompas archi

Gravacións AnoElenco(Pigmalione, Galatea)Director,Teatro de ópera e orquestraSelo Recordings on operadis-opera-discography.org.uk 1990 Paolo PellegriniSusanna RigacciFabio Maestri,Canto Association Chamber Orchestra(CDs inclúen gravacións da ópera de Donizetti Rita, Olimpiade de Metastasio (1817), e La bella prigioniera)Live recording, September) CD de son: BongiovanniCat: GB 2109/10-2

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4 Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregon: Amadeus Press, 1994 ISBN 0-931340-71-3 Weinstock, Herbert, Donizetti and the World of Opera in Italy, Paris, and Vienna in the First Half of the Nineteenth Century, Nova York: Pantheon Books, 1963. ISBN 63-13703 Ashbrook, William, Donizetti and His Operas, Cambridge University Press, 1982, ISBN 0-521-23526-X ISBN 0-521-23526-X

Ligazóns externas Libreto Información e libreto Gravacións de Il Pigmalione en operadis-opera-discography.org.uk

Categoría:Óperas de Donizetti Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Bérgamo Categoría:Óperas de 1816