Zaramacedo é un lugar do concello de Santiago de Compostela dentro da freguesía de Bando que tiña 11 habitantes (5 homes e 6 mulleres) segundo os datos do INE do ano 2018Instituto Nacional de Estadística. Esta poboación ten a peculiaridade de estar dividida polo linde entre os concellos de Santiago e de Boqueixón. Ambos lados reciben o mesmo nome de Zaramacedo. Na parte da poboación que está da banda de Boqueixón, na parroquia de Lamas, residían dez persoas no devandito ano.

Nesta poboación está o Refuxio de animais de Bando, un campo de tiro e o denominado Dolmen de Zaramacedo.

Lugares e parroquias Lugares de Bando

Parroquias de Santiago de Compostela

Notas

Categoría:Lugares de Santiago de Compostela Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias Categoría:Lugares divididos entre dous concellos