Damien Perquis, nado en Troyes (Francia) o 10 de abril de 1984, é un futbolista polaco. Xoga de defensa e o seu club actual é o Nottingham Forest. Ademais, é internacional coa selección de Polonia.
Traxectoria Club Comezou xogando nas categorías inferiores do Troyes AC, e chegou ao primeiro equipo, onde xogou dúas tempadas na Ligue 2. Alí foi considerado un dos mellores defensas da liga. En 2005, fichou polo AS Saint-Étienne da Ligue 1. En dúas tempadas non puido amosar as súas cualidades, e foi cedido ao FC Sochaux-Montbéliard. Tras algúns problemas iniciais, finalmente fíxose cun posto no once inicial. En 2008, o Sochaux fichou a Perquis.
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas de Damien Perquis
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados no departamento de Aube Categoría:Futbolistas de Polonia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Troyes AC Categoría:Xogadores do AS Saint-Étienne Categoría:Xogadores do FC Sochaux-Montbéliard Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Toronto FC Categoría:Xogadores do Nottingham Forest FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Polonia