Ivanhoé é unha ópera pastiche en tres actos con música de Gioachino Rossini e libreto en francés de Émile Deschamps e Gabriel-Gustave de Wailly, axudados polo seu comitente, o editor Antonio Pacini; está baseada na novela de Walter Scott Ivanhoe. a súa estrea tivo lugar no Théâtre de l'Odéon de París o 15 de setembro de 1826, poucas semanas antes de poñerse en escena - o 9 de outubro - Le siège de Corinthe.
Historia Ivanhoé foi estreada no Théâtre de l'Odéon de París o 15 de setembro de 1826, poucas semanas antes de estrearse le siège de Corinthe. Logo de ser repetida un par de veces a raíz do éxito da primeira representación, a ópera caeu no esquecemento e non foi recuperada ata 1990 polo Teatro dell'Opéra de Montpellier.
Posteriormente foi interpretada en Inglaterra como The Maid of Judah.The Theatrical observer and, Daily bills of the play (Volume 1832 v. 3 no.3361-3445:(Sep 22,1832-Dec 31,1832))
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 15 de setembro de 1826(Director: -)Ivanhoé, cabaleiro saxóntenorLecomteLéila, filla de IsmaëlsopranoLe MouleBrian de Boisguilbert, cabaleiro normandobaixoLeclercIsmaël, musulmán, plateiro do rei de FranciabarítonoLéonCédric, o pai de IvanhoébarítonoV AdolpheLe Marquis Lucas de Beaumanoir, xeneral en xefe do exército normandobaixoCharlesAlbert de Malvoisin, cabaleiro normandotenorPeyronnetUn heraldotenorMassonThierrymimo
Argumento O libreto de Deschamps e Wailly respecta só en parte a trama da obra de Scott mais, permanecendo no tema ofrece escenas épicas coa presenza de peregriños e campións invencibles, asedios e os procesos contra as nenas condenadas por erro. Tamén están os combates singulares, así como o coñecemento e o predecible final feliz, as unións entre Ivanhoé e Léila, saxóns e normandos unidos nun único pobo inglés, listos para combater contra os comúns inimigos franceses.
Análise A música empregada para a partitura non era, agás a introdución, orixinal, senón que procedía doutras óperas e foi revisada e adaptada para a ocasión a xeito de pasticheFrecuente na escena operística italiana do século XIX. polo mesmo Rossini (que, alo menos oficialmente, tería consentido unha operación análoga con ocasión da posta en escena de Robert Bruce) para introducir a súa música en París.
As obras das que se toma a música son: Semiramide, La Cenerentola, La gazza ladra, Tancredi, Bianca e Falliero, Armida, Maometto II, Aureliano in Palmira, Sigismondo, Torvaldo e Dorliska, Moïse et Pharaon e ZelmiraRossini - Tutti i libretti d'opera, editado por Piero Mioli, cunha introdución de Paolo Fabbri, Newton Compton, 1997, ISBN 88-8183-806-0.
A música que marca varios números musicais, intercálase con recitativos falados ao xeito da opéra-comique, mantendo, porén, respecto ao contexto orixinal.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en francés Categoría:Óperas estreadas en París Categoría:Óperas de 1826