Dion Waiters, nado o 10 de decembro de 1991 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Instituto Waiters matriculouse no Bartram High School, pero trasladouse ó sur no seu primeiro ano. Non xogou ó baloncesto en ningún dos dous institutos. No seu segundo ano de instituto, Waiters foi ao South Kent School, onde si que xogou ó baloncesto na Life Center Academy. Tras o seu derradeiro ano de instituto, Waiters foi clasificado coma o 15º mellor xogador segundo ESPNU, e coma o 29º en Rivals.com.
Traxectoria universitaria Na súa primeira tempada en Syracuse, Waiters fixo 6.6 puntos, 1.5 asistencias e 1.6 rebotes por partido. Na derrota en segunda rolda contra Marquette no Torneo da NCAA, Waiters anotou 18 puntos, con 8 de 10 tiros de campo anotados.
Na tempada coma sophomore, Waiters aumentou os seus números ata 12.6 puntos, 2.5 asistencias e 2.3 rebotes por partido. Ademais foi incluído coma mención especial no equipo All-American Associated Press da tempada 2011-12.
Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2012, Waiters foi elixido na 4ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Cleveland Cavaliers. Na súa tempada coma rookie, foi elixido para xogar o Rising Stars Challenge do NBA All-Star Weekend de 2013 xunto ós seus compañeiros Kyrie Irving, Tristan Thompson e Tyler Zeller. Waiters anotou 23 puntos saíndo dende o banco para o equipo de Shaquille O'Neal. Ó remate da súa primeira tempada, foi elixido na quinta posición na votación ó Rookie do Ano da NBA de 2013, con 21 puntos.
O 14 de febreiro de 2014, Waiters participou de novo no Rising Stars Challenge, onde fixo 31 puntos e 7 asistencias e foi candidato a gañar o premio ó mellor xogador do partido, pero finalmente gañouno Andre Drummond.
O 5 de xaneiro de 2015, Waiters foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre os Cavaliers, os Thunder e os New York Knicks.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Biografía en Syracuse Orange
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers