Hans Martin Sutermeister, nado en Rued o 29 de setembro de 1907 e finado en Basilea o 4 de maio de 1977 e coñecido baixo o pseudónimo Hans Moehrlen, foi un controvertido médico, escritor e político suízo, pertencente á Alianza dos Independentes.
Publicou máis de 150 artigos e libros en diversas áreas (Medicina, Historia, Educación, Dereito). O seu único libro non-científico foi a súa novela autobiográfica Zwischen zwei Welten (“Entre dous mundos”), publicada en 1942 e prohibida en Alemaña nazi.Fredi Lerch: Depoimento precoce de não-conformismo suíço. Revista Espaço Acadêmico, v. 11, n. 134 (2012), p. 181-183. Foi coñecido como defensor dos dereitos de vítimas de detencións arbitrarias, tema sobre o cal publicou en 1976 Summa Iniuria, unha compilación de centenas de erros xudiciais. É coñecido por ter acuñado os termos Angst- e Erholungsregression, así como polas súas contribucións no eido da psicosomática, especialmente pola súa obra Schiller als Arzt (1955). Morreu por causa de insuficiencia cardíaca en 1977.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Suíza Categoría:Médicos de Suíza Categoría:Políticos de Suíza Categoría:Nados no cantón de Argovia Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1977