O Tour de Francia 2012 foi a 99ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 30 de xuño na cidade belga de Liexa e rematou o 22 de xullo en París.

Os equipos participantes foron 22, 18 deles de categoría UCI ProTour (primeira división do ciclismo) e os outros 4 de categoría UCI Profesional Continental, convidados pola organización da carreira. O número de ciclistas participantes foi polo tanto de 198 (9 por equipo).

A carreira presentou as ausencias salientables de Alberto Contador (sancionado pola UCI por dopaxe) e Andy Schleck (cunha fractura no óso sacro). Ningún ciclista galego participou nesta edición.

O autraliano Cadel Evans presentábase na carreira coa misión de defender a vitoria acadada na edición 2011, pero non foi quen de conseguilo. O británico Bradley Wiggins acadou o seu primeiro triunfo nun Tour de Francia e nunha das grandes voltas, dominando con autoridade as dúas contra o reloxo longas, e axudado por un potente equipo, o Sky, no que tamén salientou Chris Froome, que rematou a carreira no segundo posto da clasificación xeral. Terceiro foi o italiano Vincenzo Nibali. Equipos participantes EquipoCód.UCICategoríaXefe de filas BMC Racing Team BMC UCI ProTour Cadel Evans RadioShack-Nissan RSN UCI ProTour Frank Schleck Team Europcar EUC Prof.Continental Thomas Voeckler Euskaltel-Euskadi EUS UCI ProTour Samuel Sánchez Lampre-ISD LAM UCI ProTour Michele Scarponi Liquigas-Cannondale LIQ UCI ProTour Vincenzo Nibali e Ivan Basso Garmin-Sharp GRM UCI ProTour Ryder Hesjedal Ag2r-La Mondiale ALM UCI ProTour Jean-Christophe Péraud e Nicolas Roche Cofidis COF Prof.Continental Rein Taaramäe e David Moncoutié Saur-Sojasun SAU Prof.Continental Jérôme Coppel Sky SKY UCI ProTour Bradley Wiggins Lotto-Belisol LOT UCI ProTour Jurgen Van den Broeck Vacansoleil-DCM LEO UCI ProTour Lieuwe Westra Team Katusha KAT UCI ProTour Denis Menchov FDJ FDJ UCI ProTour Sandy Casar Rabobank Cycling Team RAB UCI ProTour Robert Gesink Movistar Team MOV UCI ProTour Alejandro Valverde Saxo Bank SAX UCI ProTour Jonathan Cantwell e Chris Anker Sørensen Astana AST UCI ProTour Janez Brajkovič e Alexander Vinocurov Omega Pharma-QuickStep OQS UCI ProTour Levi Leipheimer Orica-GreenEDGE OGE UCI ProTour Simon Gerrans Argos-Shimano VCD Prof.Continental Marcel Kittel

Etapas Etapa Data Percorrido km Gañador Líder Prólogo 30 de xuño Liexa 16px 6,1 (CRI) Fabian Cancellara Fabian Cancellara 1.ª 1 de xullo Liexa- Seraing 16px|Etapa de media montaña 180 Peter Sagan Fabian Cancellara 2.ª 2 de xullo Visé- Tournai 188 Mark Cavendish Fabian Cancellara 3.ª 3 de xullo Orchies-Boulogne-sur-Mer 16px|Etapa de media montaña 197 Peter Sagan Fabian Cancellara 4.ª 4 de xullo Abbeville-Ruán 214 André Greipel Fabian Cancellara 5.ª 5 de xullo Ruán-Saint-Quentin 197 André Greipel Fabian Cancellara 6.ª 6 de xullo Épernay-Metz 210 Peter Sagan Fabian Cancellara 7.ª 7 de xullo Tomblaine-La Planche des Belles Filles 16px|Etapa de montaña 199 Chris Froome Bradley Wiggins 8.ª 8 de xullo Belfort- Porrentruy 16px|Etapa de montaña 154 Thibaut Pinot Bradley Wiggins 9.ª 9 de xullo Arc-et-Senans-Besançon 16px 38 (CRI) Bradley Wiggins Bradley Wiggins 10.ª 11 de xullo Mâcon-Bellegarde-sur-Valserine 16px|Etapa de montaña 194 Thomas Voeckler Bradley Wiggins 11.ª 12 de xullo Albertville-La Toussuire-Les Sybelles 16px|Etapa de montaña 140 Pierre Rolland Bradley Wiggins 12.ª 13 de xullo Saint-Jean-de-Maurienne-Annonay 16px|Etapa de media montaña 220 David Millar Bradley Wiggins 13.ª 14 de xullo Saint-Paul-Trois-Chateaux-Le Cap d´Agde 215 André Greipel Bradley Wiggins 14.ª 15 de xullo Limoux-Foix 192 Luis León Sánchez Bradley Wiggins 15.ª 16 de xullo Samatan-Pau 160 Pierrick Fédrigo Bradley Wiggins 16.ª 18 de xullo Pau-Bagnères-de-Luchon 16px|Etapa de montaña 197 Thomas Voeckler Bradley Wiggins 17.ª 19 de xullo Bagnères-de-Luchon-Peyragudes 16px|Etapa de montaña 144 Alejandro Valverde Bradley Wiggins 18.ª 20 de xullo Blagnac-Brive-la-Gaillarde 215 Mark Cavendish Bradley Wiggins 19.ª 21 de xullo Bonneval-Chartres 16px52 (CRI) Bradley Wiggins Bradley Wiggins 20.ª 22 de xullo Rambouillet-París 130 Mark Cavendish Bradley Wiggins Total 3.496 Bradley Wiggins

Clasificación xeral 180px|miniatura|dereita|Bradley Wiggins. A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral tralo remate do Tour 2012: PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Bradley Wiggins Sky Procycling 87h 34' 47" 2 Chris Froome Sky Procycling + 3' 21" 3 Vincenzo Nibali Liquigas-Cannondale + 6' 19" 4 Jurgen Van den Broeck Lotto-Belisol + 10' 15" 5 Tejay van Garderen BMC Racing Team + 11' 04" 6 Haimar Zubeldia RadioShack-Nissan + 15' 41" 7 Cadel Evans BMC Racing Team + 15' 49" 8 Pierre Rolland Team Europcar + 16' 26" 9 Janez Brajkovic Pro Team Astana + 16' 33" 10 Thibaut Pinot FDJ + 17' 17" 37 corredores non puideron rematar a carreira, a maioría deles por mor das caídas. Entre os malpocados mais salientables estiveron o canadense Ryder Hesjedal, quen viña de vencer no Giro de Italia 2012; o asturiano Samuel Sánchez, candidato ó podio de París; e o triplo campión do mundo Óscar Freire, con 3 costelas rotas e un pulmón perforado. Por outra banda, o luxemburgués Frank Schleck retirouse da carreira despois de coñecerse que dera positivo nun dos controis antidopaxe. Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Tour de Francia Clasificacións do Tour de Francia, en Marca Ciclistas participantes

Categoría:Ciclismo en 2012 Categoría:Tour de Francia