Erich Fritz Emil Mielke, nado o 28 de decembro de 1907 en Berlín e finado o 21 de maio de 2000 na mesma cidade, foi un destacado membro do Partido Comunista da República Democrática de Alemaña.
Trala dimisión de Ernst Wollweber foi nomeado ministro de Seguridade Estatal da RDA, sendo polo tanto un dos principais responsábeis do aparello policial e de intelixencia da República, a Stasi.
No ano 1993 foi condenado a seis anos de prisión pola suposta participación na República de Weimar dun atentado que supuxo a morte de dous oficiais de policía prusianos no ano 1931 durante os convulsos anos que precederon á chegada ao poder de Adolf Hitler, a condena fundamentouse sobre os procesos que tiveron lugar despois do 1933, e xa baixo a influencia nacionalsocialista.
Categoría:Políticos de Alemaña Categoría:Nados en Berlín Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Orde de Lenin