As Bacteroidetes (sinónimo Bacteroidota) son un filo de bacterias composto por tres grandes clases de bacterias gramnegativas, non formadoras de esporas, anaeróbicas, e con forma de bacilos, que están amplamente distribuídas no ambiente, e que aarecen no solo, sedimentos, mares e nos intestinos e pel dos animais.

Con diferenza, a clase Bacteroidia é a mellor estudada deste filo, e inclúe os xéneros Bacteroides (un organismo abundante nas feces dos animais de sangue quente, incluídos os humanos), e Porphyromonas, que habitan na cavidade bucal humana. A clase actual Bacteroidia antes foi chamada formalmente Bacteroidetes xa que ata hai pouco era a única clase do filo (nese caso coinciden os nomes do filo e a clase), pero o nome foi cambiado no cuarto volume do Bergey's Manual of Systematic Bacteriology.

Membros do xénero Bacteroides son patóxenos oportunistas. Os membros das outras dúas clases raramente son patóxenos para os humanos.

O investigador Jeffrey Gordon e os seus colegas descubriron que os homes e os rtos obesos tiñan unha flora intestinal cunha baixa porcentaxe de Bacteroidetes e relativamente maior cantidade de bacterias do grupo Firmicutes. Porén, non están seguros se os Bacteroidetes preveñen a obesidade ou se esta flora intestinal é simplemente seleccionada preferencialmente nas condicións intestinais dos que non están obesos.

Este filo agrúpase ás veces con Chlorobi, Fibrobacteres, Gemmatimonadetes, Caldithrix e o grupo mariño A para formar o grupo FCB ou superfilo. Na clasificación alternativa proposta por Cavalier-Smith, este taxon é unha clase do filo Sphingobacteria.

Filoxenia

No cladograma móstrase a toxonomía actualmente aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) e no NCBI (National Center for Biotechnology Information) e a filoxenia está baseada en datos do ARNr 16S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree.'The All-Species Living Tree' Project.

Notas ♠ Liñaxes atopadas no NCBI pero non na LPSN. ♪ Procariotas dos que non hai cultivos puros (axénicos) illados ou dispoñibles, porque non se poden cultivar ou duran pouco.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Phylogenomics and Evolutionary Studies on Bacteriodetes, Chlorobi and Fibrobacteres Species Filoxenia das bacterias

Categoría:Bacteroidetes