Dr. Haing Somnang Ngor (en chinés 吳漢潤 (Wú Hànrùn),Find A Grave - Haing S. Ngor footston nado o 22 de marzo de 1940 en Samrong Yong, e finado o 25 de febreiro de 1996 nos Ánxeles, foi un actor, autor e médico camboxano. É coñecido por gañar en 1985 o Oscar ó mellor actor secundario no filme The Killing Fields, no que interpretou o xornalista camboxano Dith Pran.

Traxectoria Nado en Samrong Young,Haing S. Ngor Foundation - Home Page Camboxa, Ngor estudou para ser cirurxián e xinecólogo. Estaba a exercer a súa profesión en Phnom Penh en 1975 cando os Khmer vermellos de Pol Pot tomaron o control do país. Pola súa orixe chinesa tivo que enfrontarse á persecución do goberno, e viuse obrigado a ocultar a súa educación e as súas habilidades de médico para evitar a intensa hostilidade do réxime contra os intelectuais. Foi expulsado da cidade como parte do experimento socialista "Ano Cero" dos Khmer vermellos, e foi retido nun campo de concentración xunto coa súa esposa My-Huoy, que faleceu durante o parto estando no cativerio. Nunca volveu casar.

Trala caída do réxime en 1979 traballou como médico nun campo de refuxiados en Tailandia, e viaxou aos Estados Unidos o 30 de agosto de 1980. En 1988 escribiu Haing Ngor: A Cambodian Odyssey, describindo a súa vida baixo o réxime dos Khmer vermellos.

Asasinato O 26 de febreiro de 1996 Ngor foi tiroteado fóra da súa residencia preto do centro dos Ánxeles. Foron acusados tres destacados membros dos "Oriental Lazy Boyz", unha banda que tiña antecedentes de roubo de carteiras e xoias. Foron xulgados xuntos na Corte Superior dos Ánxeles, aínda que os seus respectivos casos foron escoitados por tres xurados diferentes. Os fiscais argumentaron que mataran a Ngor porque despois de entregar de maneira voluntaria un reloxo Rolex de ouro, se negou a entregarlles un relicario que contiña unha foto da súa esposa. Os avogados da defensa suxeriron que o asasinato tiña connotacións políticas, mais non presentaron evidencias para apoiar a súa teoría. Os tres foron declarados culpables.

Filmografía Ano Título Papel Notas 1984 The Killing Fields Dith Pran 1986 Eastern Condors Yeung Lung 1989 Vietnam War Story: The Last Days Maior Huyen "The Last Outpost" The Iron Triangle Coronel Tuong, NVA 1990 Vietnam, Texas Wong 1990 Last Flight Out Pham Van Minh 1991 Ambición sen escrúpulos Tatay 1993 My Life Mr. Ho 1993 Heaven & Earth Papa 1993 Fortunes of War Khoy Thuon 1994 The Dragon Gate Sensei 1996 Hit Me Billy Tungpet

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Actores de Camboxa Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados en Camboxa Categoría:Finados en 1996 Categoría:Xinecólogos