Laura Mintegi Lakarra, nada en Lizarra (Navarra) o 26 de outubro de 1955, é unha escritora, profesora e política vasca. No ano 2012 foi candidata a lehendakari pola formación política Euskal Herria Bildu.
Traxectoria Aínda que navarra de nacemento, dende nena vive en Biscaia, os primeiros anos en Bilbao e ultimamente en Algorta (Getxo).
É licenciada en Historia e doutora en Psicoloxía. Dende 1981 é profesora do Departamento de Lingua e Didáctica da Literatura da Universidade do País Vasco. Foi directora de Departamento dende o ano 1999 ao 2006 e, de novo, dende o 2010 até hoxe. Ademais é presidenta do PEN Club. Euskaltzaindia (a Academia da Lingua Vasca) nomeouna membro correspondente no ano 2006.
Atinxiu algúns premios literarios entre eles o Azkue de Novela, o da Cidade de Donostia e o Jon Mirande. Así mesmo foi membro do xurado doutros premios como o Certame de Narrativa María Maeztu, da Beka Joseba Jaka, do de Xornalismo Rikardo Arregi, do Anton Abaddia e do de Dereitos Humanos René Cassin. Colaboradora habitual quer nos medios audiovisuais (ETB, Hamaika Telebista, Bizkaia Irratia, Egin Irratia, Bilbo Hiria Irratia e Euskadi Irratia) quer nos escritos (Anaitasuna, Argia, Susa, Ttu-ttuá. Egin, Egunkaria, Gara, Berria, Jakin, Hegats e outros).
Traballos Na base de dados da comunidade científica vasca Inguma, aparecen mais de 40 traballos escritos por Laura Mintegi. Laura Mintegiren produkzioa Inguma datu-basearen arabera (>40 produktu)
Narración Ilusioren ordaina ("O prezo da ilusión"), 1983, Erein
Novela Bai… baina ez ("Si... pero non"), 1986, Susa. Reeditada en Elkarlanean, 1999. Legez kanpo ("Fóra da lei"), (1991, Elkar) Nerea eta biok ("Nerea e mais eu"), (1994, Txalaparta); traducido ao inglés. Sisifo maite minez ("Sísifo namorado"), (2001, Txalaparta); traducido ao castelán e holandés. Ecce homo (2006, Txalaparta); traducido ao castelán e alemán, e aparecido en alfabeto braille. Akabo (2025, Txalaparta)
Ensaio Sujektibitatea euskal nobelagintzan: Stephen Crane-ren "The Red Badge of Courage" (A Subxectividade na novela vasca: "O vermello emblema da coraxe" de Stephen Crane) (1999, EHU - Universidade do País Vasco)
Biografía Julene Azpeitia (1988, Eusko Jaurlaritza- Goberno Vasco)
Obra traducida "La topera" en Antologia de la Narrativa Vasca Actual (1986, Edicions del Mall) .
Notas
Ligazóns externas
Laura Mintegi literaturaren zubitegian Subjektibitatea nobelagintzan. Stephen Crane-ren "The Red Badge of Courage" Laura Mintegi Basque Literature-n
Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Novelistas de Navarra Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Lizarra Categoría:Novelistas do País Vasco