Nosferatu, eine Symphonie des Grauens, ou simplemente Nosferatu é un filme clásico do expresionismo alemán dirixido por F. W. Murnau e protagonizado por Max Schreck como o vampiro Conde Orlok. O filme, rodado en 1921 e estreado en 1922, foi unha adaptación non autorizada do Drácula de Bram Stoker, cos nomes e outros detalles cambiados porque o estudio non puido obter os dereitos da novela (o termo "vampiro" trocouse por "nosferatu" e "Conde Drácula" por "Conde Orlok").

Sinopse Na cidade de Wisborg viven felices o xove Hutter e a súa muller Ellen, ata que o escuro axente inmobiliario Knock decide enviar a Hutter a Transilvania para pechar un negocio co conde Orlok. Trátase da venda dunha leira de Wisborg, que linda coa casa de Hutter. Durante a longa viaxe, Hutter recala nunha pousada, onde bota unha ollada a un vello tratado sobre vampiros que atopa na súa habitación. Unha vez no castelo, é recibido polo sinistro conde. Ó día seguinte, Hutter érguese con dúas pequenas marcas no pescozo, que interpreta como picaduras de tabáns. Unha vez asinado o contrato, descobre que o conde é, en realidade, un vampiro. Ó velo partir cara ó seu novo fogar, Hutter teme por Ellen.

Personaxes Max Schreck como Conde Orlok Gustav von Wangenheim como Thomas Hutter Greta Schröder como Ellen Hutter Alexander Granach como Knock Georg H. Schnell como Harding Ruth Landshoff como Ruth John Gottowt como Profesor Bulwer Gustav Botz como Profesor Sievers Max Nemetz como Capitán do Empusa Wolfgang Heinz como Primeiro ó mando do Empusa Heinrich Witte como Garda do asilo Guido Herzfeld como innkeeper Karl Etlinger como estudante con Bulwer Hardy von Francois como Doutor do hospital Fanny Schreck como Enfermeira do hospital

Na cultura popular En 1977, o cineasta afeccionado José Ernesto Díaz Noriega fixo unha humorística e iconoclasta sonorización de Nosferatu, titulada Manuscrito encontrado en Zarazwela ou Nos fera tu la pugnete. Utilizando unha copia da versión inglesa en S8 mm, e "observando a curiosa coincidencia da ficción que se relata no filme coa historia",Cuesta, Xoán; Folgar; Xosé Mª (1983, abril-maio-xuño). "José Ernesto Díaz Noriega, cineasta". Grial, Tomo XXI. Vigo: Galaxia, p. 152. Díaz Noriega adaptou o argumento do vampiro aos anos da Transición española, convertendo a Arias Navarro en Dráculas Navarro, a Juan Carlos de Borbón en Jonathan Carolus (príncipe de Franconia) e a Santiago Carrillo en Jacobus Carrillus. A Transilvania orixinal convértese en Galitzia e o Pazo de Meirás no castelo do vampiro. Todos os personaxes de Murnau encontran equivalencia nos actores políticos da Transición.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Cinema mudo Categoría:Filmes de 1922 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de vampiros Categoría:Filmes dirixidos por F. W. Murnau Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes ambientados en 1838 Categoría:Filmes rodados en Eslovaquia