Meyers Patrick Leonard, nado o 27 de febreiro de 1992 en Woodbridge, Virxinia, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Instituto Leonard entrou no instituto xogando coma base e escolta, pero foi convertido a pivote tras medrar 15 centímetros entre o primeiro e o segundo ano. No instituto, Leonard foi nomeado membro do Equipo All-American de Illinois en 2010, seleccionado por Associated Press, Chicago Tribune, Chicago Sun-Times, News-Gazette e a Asociación de Adestradores de Baloncesto de Illinois. Leonard liderou ó Robinson HS ó campionato 2A da IHSA (Asociación de Institutos de Illinois) antes de elixir xogar ó baloncesto na Universidade de Illinois.
Traxectoria universitaria Freshman Durante a tempada 2010-11 en Illinois, Leonard fixo 2.1 puntos e 1.2 rebotes en 8.2 minutos por partido.
Sophomore Coma sophomore, Leonard aumentou os rexistros do primeiro ano, facendo 13.6 puntos e 8.2 puntos por partido. Foi nomeado co-xogador da semana da Big 10 o 5 de decembro de 2011, tras acadar 16.5 puntos e 6.0 rebotes por partido en dúas vitorias de Illinois. Leonard foi tamén xogador da semana da Big 10 o 26 de decembro de 2011, tras facer 16.5 puntos e 14.5 rebotes por partido en dous encontros. Ó remate da tempada, Leonard foi nomeado mención honorífica do All Big-10.
Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2012, Leonard foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Portland Trail Blazers. O 13 de xullo de 2012, asinou o seu contrato de rookie cos Blazers.Damian Lillard, Meyers Leonard sign Trail Blazers rookie contracts
O 6 de xullo de 2019, Leonard foi traspasado ós Miami Heat nun traspaso entre catro equipos.
O 17 de marzo de 2021, Leonard foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2027 ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Trevor Ariza.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks