Babe é un filme estadounidense dirixido por Chris Noonan que se estreou en 1995. Baséase na obra de Dick King-Smith The Sheep-Pig.
Sinopse Na granxa Hogget vive toda clase de animais. Cada animal ten un traballo que sabe como facer e cada un intenta facelo ben, porque sabe cal é o seu sitio. Á granxa chega Babe, un porquiño que o granxeiro gañou nun concurso. Hogget sente que hai algo especial en Babe e decide ensinarlle o oficio de can pastor e deste xeito tan peculiar, Babe evita sela cea de Nadal.
Personaxes James Cromwell como Arthur Hoggett Magda Szubanski como Esmé Hoggett Brittany Byrnes como neta dos Hoggetts Wade Hayward como neto dos Hoggetts
Actores de dobraxe Christine Cavanaugh como Babe Miriam Margolyes como Fly Hugo Weaving como Rex Danny Mann como Ferdinand Miriam Flynn como Maa Russi Taylor como o gato dos Hoggetts Roscoe Lee Browne como Narrador Michael Edward-Stevens como Cabalo Charles Bartlett como Vaca Evelyn Krape como Vella ovella Paul Livingston como Galo John Erwin como Comentarista de televisión
Galardóns e nomeamentos 1995: Oscar: Mellores efectos visuais. 7 nomeamentos, incluíndo mellor filme. 1995: Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical. 1995: 4 nomeamentos ós BAFTA: Efectos visuais, montaxe, filme e guión adaptado. 1995: Círculo de críticos de Nova York: Mellor dirección novel (Chris Noonan).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Australia Categoría:Filmes sobre porcos Categoría:Filmes sobre dereitos dos animais Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical